Unha vez máis publicamos as nosas recomendacións de lecturas para este verán. Recomendacións para todas as edades e gustos.
Un saúdo.
MIMI.
27 de xuño de 2013
2 de xuño de 2013
Visita de ... RICARDO GÓMEZ.
O martes día 20 de maio recibimos no Centro a visita do escritor Ricardo Gómez.
Ricardo é autor de "Ojo de Nube", obra coa que traballou todo o centro como parte do Proxecto de Lectoescritura do Club Telémaco. Laura Benítez (coordinadora do Proxecto) o acompañaba. Ricardo estivo encantado de atender ao alumnado que se reuníu por ciclos. Con cada grupo, foi respondendo ás preguntas que lle plantexaron sobre a súa obra, comentando detalles interesantes atopados na lectura, e cuestións relacionadas co seu oficio de escritor.
Incluso a profe Claudia atopou un "gazapo" na historia que Ricardo prometeu revisar. Alguén recorda cal é?
Un saúdo.
MIMI. 1 de xuño de 2013
AID visita o cole.
Como indicamos en anteriores entradas, o V Premio MIMI ao Persoeiro do ano recaeu na rapeira viguesa AID. O pasado día 13 de maio estivo no cole para recollelo.
Aínda que con retraso, presentamos un pequeno video do momento da entrega.
Un saúdo.
MIMI.
Aínda que con retraso, presentamos un pequeno video do momento da entrega.
Un saúdo.
MIMI.
Etiquetas:
Animación Lectura,
Normalización,
Premio MIMI,
Video,
Visitas
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)