29 de abril de 2017

Exposición, charla e obradoiros do CEIDA.

Esta semana recibimos no colexio os materiais do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) dentro do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra.
A exposición consta de 9 paneis informativos que estiveron nun primeiro momento no corredor de entrada dos maiores e pasaron a continuación á Biblioteca do noso centro onde estarán ata o vindeiro xoves.
O alumnado dos distintos niveis de Primaria participou nas distintas actividades que desde o equipo didáctico do CEIDA prepararon para eles.
Así, o alumnado de 1º e 2º curso participou no obradoiro "Xogando cos resíduos" consistente nun xogo chamado "O xoga da miñoca" (similar ao da Oca) nos que debían avanzar contestando aos distintos retos e preguntas que o xogo lles plantexou.
O alumnado de 3º e 4º curso recibíu unha charla informativa, "A voltas coa compostaxe" na que de forma amena lembraron e aprenderon máis cousas sobre a xestión de resíduos e a compostaxe.
O alumnado de 6º curso desenvolveu un obradoiro de investigación no que, a partir de mostras de compost, tiveron a posibilidade de analizar e visualizar con lupas e microscopio "Quen vive aí?"
Ao alumnado de 5º curso corresponderalle, a vindeira semana, presentar a exposición ao alumnado de Infantil.

Amosamos a continuación un vídeo resumo desta intensa semana de actividades.

Un saúdo, 
MIMI.

23 de abril de 2017

Apadriñamento lector

O pasado venres día 21, durante a "hora de ler",  celebramos a conmemoración do Día Mundial do Libro cunha actividade de lecturas compartidas que ven  sendo habitual no noso centro e coa que gozan pequenos e maiores : "O Apadriñamento lector"
Rapaces e rapazas de Educación Infantil e 1º curso de Primaria esperaban impacientes despois do tempo de recreo polos seus "padriños e madriñas dos contos", alumnos e alumnas de Primaria, a partir do 2º nivel, que buscaron na súa casa ou na biblioteca un libro e o trouxeron para lerlle aos seus afillados e afilladas.
Que gozada velos e velas disfrutar da lectura!

Ofrecemos un vídeo-resumo desta xornada:



FELICES LECTURAS! e
FELIZ DÍA DO LIBRO!
Un saúdo,
MIMI

Día Mundial do Libro

Cada ano, na conmemoración desta data, 23 de Abril, a Consellería de Ecucación e Ordenación Universitaria edita un marcapáxinas cun pequeno texto. Este ano trátase dun poema orixinal da autora Rosalía Fernández Rial.
 "Rosalía lévanos co libro ao mundo da palabra, da música, da maxia, do imprescindible aire para respirar." (Bibliotecas Escolares de Galicia)
 
Podedes acceder ao marcapáxinas completo premendo na seguinte ligazón:


FELICES LECTURAS!
Un saúdo,
MIMI.

17 de abril de 2017

Contame un conto, veciño!

Un ano máis participamos no Concurso de contos que promoven os Concellos de Barro e Portas dentro da súa programación de actividades para conmemorar as Letras Galegas.
Achegamos as bases deste certame que ten tan boa acollida entre o alumnado do noso cole. Nas aulas xa están inmersos no proceso creativo.
 
Animamos desde aquí a participar ás familias que o desexen. 
Un saúdo.
MIMI

8 de abril de 2017

Día Mundial da Saúde

Con ocasión da conmemoración do Día Mundial da Saúde, o 7 de abril, o venres estiveron no noso centro o Alcalde de Barro e a responsable do Programa de prevención de Drogodependencias e Conductas Adictivas do concello para facer entrega dun diploma á ganadora do "I Certame de Debuxos Saudables" no que participou o alumnado do 2º curso de Primaria, Elisa Figueiro Barreiro.

http://amorruibalprimeirociclo.blogspot.com.es/2017/04/dia-mundial-da-saude.html
 Julia, a responsable do programa, alabou a calidade dos traballos presentados ( o que supuxo unha difícil decisión para o xurado) e en especial destacou o premiado, non só pola calidade artística senón tamén por reflectir de forma moi clarificadora "hábitos e rutinas saudables"


Para seguir medrando en valores, fixéronlle tamén entrega dun magnífico libro " Manual para soñar" ( de Cristina Núñez Pereira e Rafael R. Valcarcel, editado por Palabras Aladas) coa petición de que o disfruten e que persigan os seu soños e traballen moito para acadar aquelo que máis lles gusta. 
Eles aproveitaron a "hora de ler" para dar comezo coa lectura dunha das propostas: "O soño de Martina" recordando á tenista Martina Navratilova.
 
 

Unha xoia que entra nos fondos da nosa biblioteca!

Moitísimas grazas!!




Deixamos enlaces aos blogs de Primaria onde podedes ler sobre outras actividades que se desenvolveron no centro dentro dentro deste Proxecto:


Un saúdo,
MIMI


7 de abril de 2017

Club de lectura

Nesta derradeira sesión do club rematamos o libro, así que temos que comenzar un novo!
  E aínda que os protagonistas do libro venceron a Drunxel, non finalizaron as suas aventuras con ese "Toxo" (a verdade que está do mais interesante).
Pero ao viaxar no tempo, nos si que aprendemos un chisco dos pobos celtas... e dos "deuses".
Foi unha reunión algo diferente porque a nosa biblioteca estaba ocupada e tivemos que facerla na aula de música, pero foi igual de productiva!

6 de abril de 2017

Na IX edición gañou ...

Xa coñecemos o nome do vencedor deste ano 2017!

Onte dabamos conta das candidaturas recibidas nesta edición do Premio MIMI e coas que o alumnado de 5º curso desenvolveu este proxecto: buscando información, selecccionando, contrastando e organizando para elaborar as súas presentacións audiovisuais e cartaces para presentalas na biblioteca do centro a todos e todas nós.
Na mañá de hoxe, venres; todo o alumnado, o profesorado ademais de Alberto, o noso estimado conserxe, acudíu á biblioteca do noso centro para emitir o seu voto. Feito xa o reconto, temos nome do gañador. 

Podedes mirar o vídeo - resumo de todo o proceso e así averiguar que candidatura resultou merecedora do galardón desta IX edición. 
 


Un saúdo,
MIMI

5 de abril de 2017

Candidaturas IX Premio MIMI ao Persoeiro do Ano

Reunímonos esta semana na biblioteca do cole para escoitar ao alumnado de 5º curso, responsables do Proxecto " Premio MIMI ao Persoeiro do Ano"
Presentáronnos as seis candidaturas recibidas este ano e sobre as que investigaron:

Queremos agradecer desde aquí o apoio e colaboración das entidades e organismos que nos apoian cada ano coas súas propostas.

Un saúdo
MIMI.

4 de abril de 2017

Visita do SEPRONA no Amor Ruibal

O pasado venres, día 31 de marzo, dous axentes do Servicio de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil estiveron no noso centro para presentar o seu traballo a todo o alumnado.
Amosaron como eles poden axudar e contribúen no rescate de animais que atopan atrapados, feridos, ou incluso como capturan aos que poden presentar algún tipo de perigo á veciñanza.
Falaron tamén da importancia que ten o coidado do medio ambiente e do respecto pola natureza así como o uso responsable dos recursos naturais.
Resultou unha xornada moi interesante e todo o alumnado gozou coas distintas actividades que lles ofreceron.
Un resumo desta visita queda recollida no vídeo que vos ofrecemos a continuación.



Un saúdo
MIMI

2 de abril de 2017

Do libro ás Letras 2017

Presentamos o folleto que da conta das actividades que desenvolvemos durante os meses de abril e maio no noso centro entre estas dúas conmemoracións, o Día do Libro Infantl e Xuvenil (2 de abril) e o Día das Letras Galegas (17 de maio)
Unha morea de traballo en prol da lectura, da investigación e de favorecer tempos de lecturas compartidas de lecer na biblioteca do cole e sempre fomentando o uso da nosa língua.



Un saúdo.
MIMI