19 de abril de 2021

XXII SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

Música, faladoiros, teatro, estreas, obradoiros, exposicións, roteiros e moitísimos libros no Salón deste ano que combinará presencial e virtual entre o 23 de abril e o 9 de maio en Pontevedra.

O fermoso cartaz desta XXII edición, que leva por título "Emerxencia Literaria: os libros salvan o planeta", foi deseñado pola ilustradora viguesa Aída Alonso.

Como novidade, dada a situación excepcional que nos toca vivir, contaremos todas as mañás nas escolas coa posibilidade de asistir en streaming a sesións de contacontos. Tamén atoparemos por toda a cidade de Pontevedra a "Orbil Parade", composta por 8 figuras de Orbil colocadas en puntos clave, en torno aos que se organizan roteiros.

A organización aposta pola presencialidade nas actividades, todas de balde e con todas as medidas hixiénicas, control de accesos, aforos e reserva previa na web do Salón https://www.salondolibro.gal/. No apartado de programación poderemos acceder ao sistema de "venda a custo cero" de entradas que se activarán de semana en semana, de mércores a mércores a partir do 21 de abril. Unha vez feita a reserva, se finalmente non podemos asistir é preciso chamar ou contactar coa organización para poder liberalas e que non se desperdicien.

Podedes descargar o programa aquí.


8 de abril de 2021

CONCURSO "AS VERBAS QUE CONTAN"

O Concello de Barro vén de convocar ao través da OMIX e da Biblioteca Pública o concurso "AS VERBAS QUE CONTAN" (Contos e Haikus en galego) no marco da conmemoración das Letras Galegas 2021.


Podedes consultar as bases aquí.

Lembrade que o prazo de presentación dos traballos remata o 
xoves 29 de abril.

Agardamos as vosas creacións!

Ánimo, artistas!!!

7 de abril de 2021

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE 2021

Hoxe, 7 de abril, é o Día Mundial da Saúde. Con tal motivo, inauguramos no colexio a exposición Debuxos Saudables  conformada por todos os debuxos do alumnado de 2º de Primaria, participante no IV Certame convocado polos Concellos de Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Moraña e Portas, en colaboración coa Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia, no marco do proxecto de Prevención de Condutas Aditivas no eido local.

O alcalde, Xosé Manuel F. Abraldes e Julia Búa, psicóloga responsable do proxecto, estiveron na nosa Biblioteca para felicitar a todo o alumnado de 2º pola súa magnífica participación e facer entrega dos dípticos co manifesto a favor dunha vida saudable máis uns fermosos libros para os fondos da nosa Biblioteca.

Moitísimos Parabéns a Iker Martín Gómez Pérez, Iria Maquieira Magariños e Daniela García Cochón, por acadaren o 1º, 2º e 3º premio respectivamente. O debuxo de Iker ilustra o manifesto deste ano.

Por un mundo máis xusto e saudable!



6 de abril de 2021

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

O Departamento de Orientación do CEIP Amor Ruibal elaborou un díptico con interesantes propostas e recursos didácticos no marco da conmemoración do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo.

Por un mundo máis inclusivo!


2 Abril Día Mundial de Concienciación Sobre o Autismo by Amor_Ruibal on Scribd