27 de abril de 2016

Día do libro 2016.

Para a celebración do Día do libro deste ano decidimos, como contamos hai uns días nunha entrada anterior, lembrar a data da morte do ilustre escritor manchego Don Miguel de Cervantes por coincidir co 400 aniversario o día 22 de Abril.

Tivo lugar a pasada semana e contamos coa grandísima axuda dos voluntarios e voluntarias da biblioteca que durante toda a semana acudiron durante os recreos á biblioteca para realizar un obradoiro de marcapáxinas con que poder agasallar na data da celebración.

Foi moito traballo, pero o seu esforzo pagou a pena. 
O modelo ou plantilla elexida para este ano levaba dúas pezas: Un muíño (grande para os mais cativ@s ou pequeno para os maiorciñ@s) que montaron no obradoiro, e un medallón coa faciana de "Don Quijote" para que cada quen o puidera personalizar.


QUEDARON CHULÍSIMOS! 
Chegado o día, fixemos lecturas diferentes na Biblioteca do cole. Para o alumnado de Infantil, mais o 1º e 2º cursos de Primaria unha versión en verso dun fragmento da novela, "La aventura de los molinos" que disfrutaron.  Os restantes cursos de Primaria leron, guiados polas voluntarias, unha adaptación da novela de Cervantes: "Don Quijote" publicada por Renfe y El país. Resumimos todo o proceso no vídeo que acompaña.



GRAZAS A TODOS E A TODAS !!
FOI UN DÍA MEMORABLE !!
Un saúdo,
MIMI. 

As familias contan...

O pasado mércores día 20 estivo na biblioteca do cole Laura Santiago, nai de Jorge, para contarlle aos pequechos de 3 anos uns contos.
Comenzou falando de cores e emocións co fabuloso libro:"El monstruo de los colores" de Ana Llenas e editado por Flamboyant.
A continuación xogamos novamente coa cores co libro: "Colores" de Hervé Tullet e publicado por Kókinos. Contou coa colaboración de Jorge e outros  compañeiros e compañeiras para averiguar o que ocorría no interior.
Gozamos moito, démoslle un forte aplauso e un abrazo de oso pois o fixo moi ben.


Moitísimas grazas pola colaboración!
Un placer contar contigo.
Un saúdo,
MIMI.

23 de abril de 2016

Os libros son para valentes!

Este título tan suxerente, e o texto que o desenvolve, foi escrito polo escritor Pedro Feijoo para agasallar ás bibliotecas escolares galegas con motivo da celebración do Día do Libro, hoxe 23 de Abril.
Está recollido nun díptico que a Asesoría de Bibliotecas escolares nos fixo chegar e que se distribúe na biblioteca.

Descarga o díptico aquí.
Como conclúe Pedro: Ánimo valentes!! e...
Feliz día do Libro!
Un saúdo,
MIMI.

21 de abril de 2016

IV CENTENARIO CERVANTES

Este año, más que otros, la conmemoración del Día del Libro tiene especial relevancia por la celebración del IV Centenario del fallecimiento de Don Miguel de Cervantes Saavedra, el más grande y más traducido de las letras españolas.
En el colegio lo recordamos este año con la grandísima ayuda de los "Voluntarios de la Biblioteca" que han preparado durante toda la semana un "Obradoiro de marcapáginas". Durante la semana, en la Biblioteca, han hecho unos originales marcapáginas que regalarán a sus compañer@s de primaria.

Además han preparado un cuentacuentos con el episodio de "La aventura de los molinos" para el alumnado de infantil, 1º y 2º cursos de primaria.
Mañana viernes (feha del aniversario) harán en la Biblioreca un maratón de lectura de la adaptación que ha editado Vicens Vives de este clásico de la literatura española para el alumnado de los restantes cursos de primaria.
La próxima semana publicaremos un vídeo-resumen de esta actividad.
Os dejamos aquí el enlace a un recurso que repasa y recuerda lo hoy trabajado. Publicado por el profesor Néstor Alonso, autor a su vez de la imagen que lo enlaza.

Leed, aprended y jugad mucho gracias a este ingenioso e intrépido caballero.

Fuente: https://www.flickr.com/photos/nestoralonso/2613103692

Un saludo,
MIMI.

18 de abril de 2016

As familias contan...

Anunciabamos hai uns días que Jose Antonio Rodríguez, pai de Héctor de 2º B e de Emma de 4º de Infantil (aula de 3 anos  B), estivo na biblioteca do cole para contarlle aos compañeiros e compañeiras de Emma o conto da "Carapuchiña vermella".
Contou coa colaboración de Emma no papel de Carapuchiña e buscou entre algún compañeiro da clase para ofrecer o papel de lobo.
Rematado o contacontos, tiña unha sorpresa. Non era outra que algunha das mascotas que truxeran da casa: uns hamsters, un coello e algúns pitiños.
Gozamos moitísimo con eles, tan pequenos e suaviños... gustounos poder acariñalos.
Démoslle un forte aplauso e despedímonos ata moi pronto, pois o fixeron moi ben.


Moitísimas grazas pola vosa colaboración!
Un placer contar con vós.
Un saúdo,
MIMI.

17 de abril de 2016

"Cóntame un conto veciño"

Están xa publicadas na web do Concello, na sección da OMIX referida a premios e concursos, as bases para o concurso de contos que un ano máis convocan os Concellos de Barro e de Portas: "Cóntame un conto veciño".
No colexio todo o alumnado participa na creación dun conto nas respectivas aulas, tanto en Infantil como en Primaria. 

Amosamos o cartel que recolle esta convocatoria así como o enlace á web do concello.

Web do Concello de Barro, Sección Premios e concursos. 
Un saúdo,
MIMI.

15 de abril de 2016

Finalistas e gañadores do Concurso de Micropoemas!

Xa temos noticia dos poemas finalistas do noso centro, así como dos gañadores.
Os e as poetas finalistas do noso centro son:


Pablo Riveiro e Brais Sanmartín na categoría B1
Sara Casalderrey e Matilde Sánchez na categoría B2
Noa Ares e Amanda Parra na categoría B3 

Fixemos entrega na Biblioteca do cole dun pequeno agasallo a este grupiño de poetas. Velaquí a imaxe do momento.

Os gañadores recibirán o seu premio e o diploma acreditativo nun acto que se celebrará o vindeiro 6 de maio, venres na Azucreira de Portas, organizado pola Coordinadora de Equipos de Dinamización "Terras do Umia" coñecido como "Festa da Lingua"

Gañadores son: 
Sara Casalderrey de 4º curso e Categoría B2  (4º curso)
Rafael Ruibal na categoría E    (mestres e familiares adultos)

Parabéns a todos e todas!

Un saúdo,
MIMI.


Temos finalistas!

Esta semana, na web da FANPA (Federación de Nais e Pais de Alumn@s), publicouse a relación de finalistas nas diferentes categorías do IV Certame de Relato Curto convocado por esta federación.
De 720 relatos presentados, 120 foron seleccionados como finalistas e aparecerán publicados nun libro que editará Kalandraka.

Estamos de noraboa porque dúas alumnas do noso centro figuran na relación de finalistas na categoría de Primaria. Verán os seus relatos publicados, recibirán un diploma e optan, xunto cos demais finalistas, a ser posibles gañadoras da súa categoría.

Elia Puddu de 6º curso
escribiu o relato
 "Un mundo sen cores"

Alba Villar de 4º curso
 escribiu o relato 
"Unha aventura en Pontevedra" 




O relato gañador de cada categoría darase a coñecer no propio acto de entrega de premios que terá lugar o vindeiro día 31 de maio ás 19:00 hrs no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra. 

Desde o centro queremos agradecer, por suposto, a implicación das familias e a súa colaboración pois así o requerían as bases deste concurso fóra do ámbito estritamente académico.

NORABOA ás dúas e ... MOITA SORTE NA FINAL !!
Un saúdo,
MIMI. 

14 de abril de 2016

Venres de contacontos ... en xoves.

As xornadas de contacontos que desenvolven os "axudantes de biblioteca" teñen lugar na "hora de ler" dos venres, sin embargo nesta ocasión tivo lugar nun xoves por cuestións organizativas.

Esta vez foi o turno de axudantes de 5º nivel que quixeron ofrecer aos compañeiros de infantil a escenificación do conto: "A casa da mosca chosca" adaptación de Eva Mejuto dun conto popular ruso. Editado por Kalandraka e ilustrado por Sergio Mora.



Fixemos estes collages fotográficos que recollen este contacontos.
Fixérono moi ben.
Aos cativos e cativas gustoulles moito.




Noraboa!
Animádevos e a por outro!

Un saúdo,
MIMI.

5 de abril de 2016

Do Libro ás Letras! Invitación ás familias.

Baixo este nome recollemos no noso centro as actividades que desenvolvemos entorno á lectura de libros de contos e á celebración do Día das Letras Galegas e polo tanto das producións na nosa lingua.
No centro desenvolveremos unha morea de actividades: Contacontos, lecturas compartidas, obradoiros para facer marcapáxinas... e queremos contar tamén coa vosa participación.

Queremos contar convosco para animar aos nenos e nenas a ler.
Animádevos a preparar un conto ( o que máis vos guste) para o grupo-clase dos vosos fillos e fillas, e presentádeo na biblioteca do noso centro.
Estaremos encantados de recibirvos!

Un saúdo. 

José Antonio e Yolanda, pais de Héctor (2ºB) e de Emma, alumna de 3 anos B de educación Infantil, estiveron na biblioteca do centro. Jose contoulles o conto da "Carapuchiña vermella" e tivo axuda dunha carapuchiña moi coqueta.  
Os nenos e nenas gozaron co conto e cunha sorpresa que lles prepararon os pais de Enma.
Ofrecemos unha imaxe e en breve un pequeno video desta visita.
Grazas Jose!!  Agardámoste noutra visita.

Un saúdo, 
MIMI.

4 de abril de 2016

Premios e agasallos da actividade: "Do 8 ao 18"

 
E chegou o día que esperabamos impacientes.... xa sabemos cal foi o resultado da investigación !

Despois de dúas semanas de completar día a día a investigación polo Día da Muller e unha vez revisados todas fichas de recollida presentadas, fixemos entrega dun pequeno obsequio pola súa participación ao alumnado que completou todas as fichas.  
Entregamos tamén un agasallo especial aos mellores traballos de cada aula.


Rubén Ares de 4º nivel 
Sarai Romai de 5º nivel e 
Caterina Vázquez de 6º.



MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!!
NORABOA A TODOS E TODAS!



Un saúdo,
MIMI.

2 de abril de 2016

Día do libro infantil e xuvenil.

Como cada ano o día 2 de abril celébrase o Día nternacional do Libro Infantil, aniversario do escritor Hans Christian Andersen.
Para a súa conmemoración a sección brasileira do IBBY (Organización Internacional para o libro Infantil e Xuvenil, The International Board on Books for Young People) foi a encargada de elaborar o cartel de este ano: "Érase unh vez...", que inclúe textos de Luciana Sandroni e imaxes de Ziraldo. Está traducido ao galego por Sabela González.


Mira o cartaz e le o conto.

Un saúdo,
MIMI.

1 de abril de 2016

Día da poesía.

Igual que en anos anteriores, celebramos o Día da Poesía no noso centro compartindo lecturas na "Hora de ler" cos poemas elaborados polo alumnado dentro do Concurso de Microtextos (micropoemas) organizado pola Coordinadora Comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega "Terras do Umia".
Ao coincidir o día da celebración (21 de marzo) co periodo vacacional da Semana Santa, fixemos esta celebración ao longo da semana anterior ás vacacións.

  Alumnado de 5º e 6º curso durante a lectura dos seus poemas.









Todos os poemas foron lidos e compartidos cos compañeiros e compañeiras de outros niveis.











 O alumnado de Educación Infantil tamén aprendeu e recitou un poema de Manuel María.

Gustounos moitísimo, só queda agardar polo resultado do concurso.
Un saúdo,
MIMI.