O pasado venres, día 5 de maio, celebrouse na Azucreira de Portas a tradicional "Festa da Lingua" na que se deron cita grupos de alumnos e alumnas dos distintos centros escolares integrantes na Coordinadora Comarcal "Terras do Umia".
No apartado de Microcreación, o micropoema da alumna de 1º curso de Primaria, Iria García Paz, resultou gañador na categoría B1. Iria acudiu acompañada dun grupiño de compañeir@s do seu curso e recibiu o seu diploma de mans da poeta
Miriam Ferradás.
No apartado de Microrrelatos e na categoría C2 a nosa ex-alumna Loaira Santamaría Fernández, estudante de 4º de ESO no IES de Barro, resultou vencedora e acudiu a ler o seu microrrelato e recoller un agasallo.
O alumnado de 6º curso de Primaria xunto cun grupo de alumnos e alumnas de Secundaria do IES de Barro acudiron á gala para interpretar, dentro do
Certame de Canción en Galego SON DO UMIA, a canción
"Reciclar é xenial" de creación propia. Escolleron para a súa participación o nome de
"A Gallofa do IES e CEIP de Barro"
O alumnado do IES de Barro encargouse da parte instrumental da canción e o alumnado de 5º e 6º curso de Primaria, da letra e da coreografía, relacionadas co noso Proxecto Documental BARRRO.
Primeiro ensaiaron por separado e, posteriormente, fixeron ensaios conxuntos no IES nas sobremesas dos luns, coordinad@s por Claudia e Miro, profesores de música do CEIP e do IES, respectivamente.
Tal e como recollen as bases do concurso, cando un grupo musical conta con alumnado de Primaria e de Secundaria participa dentro da "
Categoría de Secundaria" e ...
nesta categoría resultaron vencedores. Recolleron alí mesmo o seu Diploma acreditativo, que lles foi entregado por
Guadi Galego, quen formou parte do xurado.
Un esforzo que pagou a pena.
Parabéns a todos e todas!!
Un saúdo.
MIMI