14 de abril de 2015

Visita de XOSÉ NEIRA VILAS.

O pasado mércores día 8 recibimos no noso centro a esperadísima visita de D. Xosé Neira Vilas. Todo o alumnado leu a súa obra O espantallo amigo e agardaban impacientes o día do encontro para escoitar as súas sabias palabras e plantexarlle tamén algunhas cuestións.
Don José falou da importancia da nosa lingua, nai do idioma portugués, o que o fai unha lingua universal.
Manuel, Andrea, Nerea con D.Xosé Neira Vilas.

Animounos a ler moito e regalounos unha morea de libros para a biblioteca do cole. Alí tamén felicitou aos rapaces e rapazas de 6º curso polo seu traballo de investigación no "Premio MIMI", especialmente ao equipo que investigou sobre a súa persoa.



Estivo con todos os grupos de alumnos (infantil e Primaria) en pequenos espacios de tempo. A todos levou unha mesma mensaxe:
"Ser modesto, humilde, solidario - que é axudar aos demais - en definitiva, ser boa persoa".
Valores todos que recollen, como el dixo, a "esencia" da súa noveliña e que hoxe recordou con todos nós. 
D Xosé fai lectura da dedicatoria que nos deixou.
Dedicatoria no libro de visitas do noso centro.


Deixamos aquí constancia da súa dedicatoria e sinatura para todos e todas no colexio, así como esta breve entrada.
En breve ofreceremos unha escolma do acontecido ao longo da mañá.





Moitísimas grazas, Don José !!
Foi un pracer escoitalo e telo entre nós!!

Un saúdo.
MIMI.



13 de abril de 2015

Día do libro.

O vindeiro 23 de Abril celébrase o Día Mundial do Libro, aniversario do pasamento de tres grandes escritores:
  • Miguel de Cervantes, 
  • William Shakespeare,  e 
  • Inca Garcilaso de la Vega.
En breve amosaremos as actividades que estamos preparando no centro para conmemorar esta data.

Queremos presentar o marcapáxinas en forma de díptico que, como cada ano, nos fixo chegar a rede de Bibliotecas Escolares de Galicia e agradecemos a María Solar o precioso texto que escribíu para esta data. 


Descarga o díptico.

Un saúdo.
MIMI.

9 de abril de 2015

Día Internacional do Libro Infantil

Os carteis e os textos editados cada ano arredor do mes de abril, permítennos coñecer autores e ilustradores de distintas sensibilidades e procedencias. Neste ano 2015, o Día Internacional do Libro Infantil, que se celebra o 2 de abril, en memoria do nacemento de Hans Christian Andersen, lévanos aos países árabes:
 
A imaxe que ilustra o cartel  é de Nasim Abaeian, ilustradora nacida en Irán. Estudiou en Italia, Sharjah (un dos emiratos integrados nos EAU) e Estados Unidos, actualmente é profesora no departamento de Arte e Deseño da Universidade de Zayed (EAU) e traballa como ilustradora de libros infantis.


Moitas culturas, unha historia, é un texto  de Marwa Obaid Rashid Al Aqroubi, escritora e difusora dos libros infantís nos Emiratos Árabes Unidos.  Traballa pola creación dunha cultura de lectura e por proporcionar libros para nenos e nenas afectadas pola guerra, a inestabilidade política ou os desastres naturais na rexión de Asia Central e Norte de África:

"Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, máis compartimos as mesmas historias"

Enlace ao texto "Moitas culturas, unha historia".

Un saúdo.
MIMI.

8 de abril de 2015

27 de marzo, Día do teatro.

Este ano, para conmemorar o Día do Teatro, preparamos na biblioteca unha escenificación do libro: Linda á espreita escrito por Alexander Steffensmeier e publicado pola editorial Xerais.
Con tal motivo catro axudantes da biblioteca de 5º curso (Tomás Escudero, Nerea Fernández, Vera Monteagudo e Elena Pérez) prepararon e representaron para o alumnado de Educación Infantil este contacontos.
Agardamos que vos guste e disfrutedes tanto fixeron como os pequerrechos!

Un saúdo.
MIMI.