30 de xaneiro de 2023

A PAZ ESTÁ NAS NOSAS MANS

Hoxe, 30 de xaneiro, conmemórase o Día Internacional da Non Violencia e da Paz máis o Día da Ilustración. Con tal motivo, desenvolvemos no centro diversas actividades de investigación, lectoescritura, oralidade, musicais e plásticas sobre o tema, utilizando recursos e soportes variados, coa creación e recreación de poemas, cancións, lemas, bailes, carteis e murais ilustrados con símbolos pacíficos.


"Verdade que sería estupendo

que as espadas foran un pau da baralla.

Que o escudo, unha moeda portuguesa

e un tanque, unha xerra grande de cervexa [...]"

(canción de Cómplices)


26 de xaneiro de 2023

Emociónate coa radio, CEIP Amor Ruibal

Neste mes de xaneiro cumplíronse 90 anos da emisión do 1º programa de radio en Galicia. Para conmemorar esta data xurde o Proxecto Radioemociónate, idea de Si Radio de Galicia e a Asociación Ondiñas de Radio, apoiada pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.

No mes de novembro puidemos coñecer máis sobre este Proxecto coa magnífica exposición que estivo montada na Biblioteca do noso centro.

Nesas datas tamén se realizou a gravación do programa de radio na Biblioteca do noso centro e no que participou alumnado de 6º curso de Infantil e de 6º curso de Primaria.

Contamos ademais con varias colaboracións:

  1. Xosé Manuel F. Abraldes, alcalde de Barro.
  2. Pilar Álvarez, responsable da OMIX de Barro.
  3. Pedro Torres, director da Banda de Música Xuvenil de Barro.
  4. José Mª Tobío, xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural de Pontevedra e Morrazo.

A continuación, podedes escoitar o noso programa en Spotify:

Ou tamén podedes acceder ao noso programa e outros do mesmo Proxecto premendo no seguinte enlace:  Radioemociónate - CEIP Amor Ruibal


Moitísimas grazas por ofrecernos a participación 

nesta iniciativa tan interesante!!!

Moitísimas grazas a todas as persoas colaboradoras!!!


19 de xaneiro de 2023

RECICLAMOS CON PILABOT

Esta semana comezamos, un curso máis, a nosa participación no concurso PILABOT, de pilas, baterías e acumuladores, convocado pola Xunta de Galicia xunto a Ecopilas, Ecolec e ERP.

O concurso vai dirixido ao alumnado de Primaria (o alumnado de Infantil non pode traer pilas nas súas mochilas), mais animamos a participar a toda a comunidade educativa no proxecto co fin de preservar o noso fermoso medioambiente.

 


Moitísimas grazas!!!