Esta semana, Papá Noel pasou polas aulas de Infantil para deixar uns agasallos pola fabulosa participación no Concurso de Postais que convoca o Concello.
Unha grandísima sorpresa para a cativada que o acolleu con moitísima emoción!
Esta semana, Papá Noel pasou polas aulas de Infantil para deixar uns agasallos pola fabulosa participación no Concurso de Postais que convoca o Concello.
Unha grandísima sorpresa para a cativada que o acolleu con moitísima emoción!
O Concello de Barro ao través da OMIX vén de publicar a resolución do XXIII Concurso de Postais de Nadal, que contou cunha grandísima participación.
As postais gañadoras de alumnado do noso centro son:
Moitísimas grazas pola fantástica participación!!!
Moitísimos Parabéns!!!
A entrega de agasallos terá lugar o venres 5 de xaneiro na Nave da Música do Concello.
MOI BOAS FESTAS!!!
FELIZ 2024!!!
A pasada semana conmemoramos no centro o Día da Discapacidade.
Nas clases de educación Física fixémolo a través de xogos onde nos poñíamos na pel destas persoas.
Unha xornada moi instrutiva!
O noso alumnado degustou hoxe unhas deliciosas peras, repartidas pola ANPA do CEIP Amor Ruibal, co motivo do Día Internacional da Pera.
Moitísimas grazas!!!
Cada ano comemoramos o día 3 de decembro como Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O obxectivo é o de promover os dereitos e o benestar das personas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e desenvolvemento, así como de concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da súa vida.
Para traballar este tema, o Departamento de Orientación do noso centro eleborou unha infografía con abundantes recursos que podedes atopar premendo en cada un dos enlaces.
O Concello de Barro vén de convocar un ano máis a través da OMIX o tradicional Concurso de Postais de Nadal no que participamos cada ano.
PRAZO: A data límite de entrega será o martes, 19 de decembro de 2023.
CATEGORÍAS:
Categoría A: Infantil (só para centros escolares, pequeno detalle por participar)
Categoría B: 1º e 2º de Primaria (traballo individual)
Categoría C: 3º e 4º de Primaria (traballo individual)
Categoría D: 5º e 6º de Primaria (traballo individual)
Categoría E: 1º e 2º de ESO (traballo individual)
Categoría F: 3º e 4º de ESO (traballo individual)
Categoría G: En equipo que pode estar formado por : nenos e familiares ou amizades, cun máximo de tres persoas.
PARTICIPANTES:
Cada participante poderá entregar un máximo de dúas postais.
PRESENTACIÓN:
- TAMAÑO: Medio folio DIN-A4 podendo ser en blanco e negro ou en cor.
- TEMA: Libre.
- IDIOMA: Empregarase o galego.
Bases completas no tablón de anuncios do Concello de Barro:
XXIII Concurso de Postais de Nadal 2023_ Concello de Barro.
Animádevos a participar!
Na mañá de onte, alumnado das categorías Benxamín e Alevín (2º a 6º de Primaria) desplazouse á Azucreira de Portas para participar nunha xornada de cros escolar dentro do Programa Xogade.
Resultou unha xornada moi proveitosa, xa que trouxemos para Barro varias medallas e unha chea de diplomas para os 8 primeiros postos na clasificación de cada nivel e categoría.