O Concello de Barro, ao través da OMIX, vén de publicar a resolución do concurso "AS VERBAS QUE CONTAN 2022" convocado no marco da conmemoración das Letras Galegas e que contou cunha altísima participación, coa aportación de obras de grandísima orixinalidade e calidade.
A relación das obras gañadoras e finalistas do alumnado do noso centro é a seguinte:
CONTOS
- Categoría 1º e 2º de Primaria:
Gañadora: O can duque perdido
do alumnado de 1ºA (obra colectiva).
Finalista: As súper amigas
de Lara Fernández Cancela (2ºB).
- Categoría 3º e 4º de Primaria:
Gañadora: Luca e asno nas súas aventuras
de Daniela García Cochón (3ºA).
Finalista: O monstro bo
de Candela Collazo González (4ºA).
- Categoría 5º e 6º de Primaria:
Gañadora: Cumpre o teu soño con Marta
de Melody Fernández Barata (5ºA).
Finalista: Un can diferente
de Hugo Francisco Sueiro Crespo (5ºC).
POESÍA
- Categoría 1º e 2º de Primaria:
Gañadora: Mariña (acróstico) de Mariña Frieiro Silva (2ºB).
Finalista: Música (acróstico) de Ainara Rodríguez Filgueira (2ºA).
- Categoría 3º e 4º de Primaria:
Gañadora: Estrela (acróstico) de Yaniri Domínguez González (3ºA).
Finalista: Amor (acróstico) de Iván Gago García (3ºA).
- Categoría 5º e 6º de Primaria:
Gañadora: Lucas (acróstico) de Lucas Lede Zarco (5ºA).
Finalista: A lúa (caligrama) de Álex Vilas Fernández (6ºB).
Moitísimas grazas a todas as persoas participantes!!!
Moitísimos Parabéns ás persoas premiadas!!!
O acto de entrega de premios ás persoas gañadoras e finalistas terá lugar o vindeiro sábado, 21 de maio, ás 12:00 h na Nave da Música. Ademais, entregaranse 65 diplomas ás persoas creadoras das obras seleccionadas na primeira criba do concurso "AS VERBAS QUE CONTAN 2022".
O alumnado gañador e finalista, por categorías, lerá as súas obras.
Animádevos a asistir!!!