O pasado venres, día 31 de marzo, dous axentes do Servicio de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil estiveron no noso centro para presentar o seu traballo a todo o alumnado.
Amosaron como eles poden axudar e contribúen no rescate de animais que atopan atrapados, feridos, ou incluso como capturan aos que poden presentar algún tipo de perigo á veciñanza.
Falaron tamén da importancia que ten o coidado do medio ambiente e do respecto pola natureza así como o uso responsable dos recursos naturais.
Resultou unha xornada moi interesante e todo o alumnado gozou coas distintas actividades que lles ofreceron.
Un resumo desta visita queda recollida no vídeo que vos ofrecemos a continuación.Un saúdo
MIMI
Ningún comentario:
Publicar un comentario