31 de xullo de 2017

28 de xullo de 2017

Acto de Graduación e entrega de orlas.

Na última semana de clase celebramos no noso centro o acto de Graduación e entrega de orlas ao alumnado de 6º curso de Educación Infantil primeiro, e posteriormente ao alumnado de 6º de Primaria. Este ano por vez primeira e debido ao incremento de alumnado quixemos separar ambos actos para recibir con maior comodidade ás familias d@s graduad@s.
Amosamos a continuación un vídeo resumo dstes actos.



O acto de entrega de Primaria estivo amenizado pola Banda da Escola de Música de Barro ( a maioría alumnado do noso centro) , dirixida por Alberto Busto.
Fixérono moi ben!



Parabéns a todos e todas!!
Vémonos en Setembro!
Un saúdo,
MIMI

12 de xullo de 2017

Vídeo da Entrega do IX Premio MIMI

Aquí podemos amosar xa un vídeo resumo do acto de entrega do noso IX Premio MIMI ao Persoeiro do Ano que este ano lle foi concedido a "Migallas Teatro". 
O alumnado de 5º curso, responsables do Proxecto, presentou o evento e preparou unhas bonitas coreografías para cantar e bailar neste acto. Un grandísimo traballo que María e Carlos, integrantes de Migallas, souberon recoñecer e agradecer.



Un saúdo.
MIMI

6 de xullo de 2017

Xogamos, cantamos e bailamos no Roteiro Tonucci

O alumnado de 1º e 2º nivel desplazouse a Pontevedra para participar nesta actividade organizada pola Deputación Provincial. O roteiro debe o seu nome ao pedagogo italiano FRATO, acrónimo de Francesco Tonucci, defensor nas súas teses das "Cidades dos nenos e das nenas" como espazos que deben ser deseñados á medida para a rapazada para que poidan ser aproveitados tamén polo resto da cidadanía, e que ten como claro exemplo a cidade de Pontevedra.
Neste roteiro acompañounos o grupo "Migallas Teatro" ( o noso actual Premio MIMI ) e con eles "Xogaron cantaron e bailaron en Pontevedra!"
O roteiro iniciouse no Pazo da Deputación Provincial onde recibiron unhas biseras como agasallo para protexerse do sol da mañá e continuaron cara o Monumento aos heroes de Ponte Sampaio.
Continuou este roteiro por distintas plazas e lugares do centro histórico. Detivéronse na Plaza de España onde celebraron un "Consello das nenas e dos nenos" no que expresaron desexos e propostas para mellorar a nosa localidade, Barro.
 Cantaron e xogaron tamén na Plaza de Santa María e na Plaza de Méndez Núñez.
 Para terminar a mañá con xogos populares (e con materiais reciclados) na Plaza da Pedreira, diante do Pazo de Mugartegui.

 Podedes mirar máis imaxes e ler máis sobre esta saída no blog de 1º e 2º nivel:
https://amorruibalprimeirociclo.blogspot.com.es/2017/07/roteiro-tonucci.html

Foi unha actividade moooi interesante!
Pasámolo xenial!
Un saúdo,
MIMI




5 de xullo de 2017

Participamos en LUDANTIA

O noso centro participa en LUDANTIA, a "I Bienal Internacional de Educación en Arquitectura para la Infancia y la Juventud" que vai ter lugar en Pontevedra no ano 2018.
O último trimestre deste curso, e enlazando co tema das Artes, realizouse a primeira acción deste proxecto no noso centro. Colaboran con nós para levalo adiante Sheila García Prado, Arquitecta, e David Fidalgo Omil, Graduado en Belas Artes.




Todo o alumnado do centro colaborou, dando propostas de mellora para os patios escolares. A partir da necesidade de acondicionamento do espazo e froito dunha reflexión nas aulas, cada quen reflexou a súa idea na plantilla que lle presentamos. Chamamos a esta acción "Repensando os patios"


Posteriormente decidíuse que sería o patio de Infantil, e o alumnado deste ciclo educativo en particular, o que levaría o peso da actividade nas sucesivas accións. 
Por esa razón desenvolvéronse varios obradoiros, o primeiro de movemento no espazo e recoñecemento no mapa para no segundo pasar da representación do plano ao espazo coa creación dun muro vertical.

No último dos obradoiros deste trimestre, @s cativ@s de infantil prepararon uns bonitos tarros con envases plásticos con moito esmero e posteriormente plantaron neles diversas plantas aromáticas para crear un bonito xardín vertical nun dos frentes do seu patio.

Esta última acción tivo difusión na prensa nos últimos días do curso:
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2017/06/24/ceip-amor-ruibal-bienal-arquitectura/1704748.html


Un saúdo,
MIMI