28 de febreiro de 2017

Preparamos o Entroido

"A corrida do galo" é unha actividade do Entroido que o Concello de Barro quere recuperar e promove nas distintas parroquias.
Foi a primeira das actividades que se desenvolveron no Amor Ruibal. Organizada pola OMIX do Concello, contou coa colaboración do profesorado do noso centro e a participación de alumnado de Primaria a partir de 3º curso.
Amosamos un pequeno vídeo-resumo da actividade.



Un saúdo.
MIMI.

20 de febreiro de 2017

Territorio de Amores

Este mes de febreiro desenvolvéronse na Biblioteca do noso centro unha serie de actividades continuando coa reflexión iniciada na conmemoración do Día da Paz "Palabras pola Paz".
Nas aulas de Primaria reutilizamos os corazóns que fixeramos para ese día (habíaos de todos os tamaños e materiais) e os levamos á biblioteca  para construir entre todos e todas un gran corazón.
Durante os recreos ademais, os voluntarios e voluntarias léronnos contos e nos agasallaron cun obradoiro de marcapáxinas. 
Resumimos todas estas actividades neste vídeo que a continuación vos amosamos.


Un saúdo.
MIMI.

16 de febreiro de 2017

Club de lectura

Ummmm... que boas son as charlas neste club!!! E que interesantes... A verdade é que resulta moi ameno, pois non paramos de lembrar as peripecias dos personaxes do libro, que ten moitas... como cando se produce o contrafeitizo que convirte a Colmillo-Feroz no Corvo-Calderaus e viceversa, e os diálogos que teñen entre eles son... do mais divertido!

E na derradeira reunión rematamos xa co libro... e deixamos a todos na illa xogando ao "veo-veo". 



Na próxima... libro novo!!!



15 de febreiro de 2017

Contacontos na Biblioteca

Laura filgueira (da libraría Pataka Frita de Pontvedra) estivo co alumnado de Educación Infantil a pasada semana para ofrecerlle un contacontos. Todos e todas disfrutaron moitísimo coas historias que Laura lles contou. Podedes miralos neste video-resumen.



Máis información no blog de infantil: PEQUECHOLANDIA

Moitísimas grazas Laura!!
Un saúdo.
MIMI.

8 de febreiro de 2017

As familias contan ...



Hoxe chega ás vosas casas unha carta de MIMI, a nosa mascota, na que pide colaboración a todas as familias para colaborar con nós na recuperación do Entroido Tradicional Galego.

Falando de Reducir, Reciclar e Reutilizar ("Os 3Rs" que é o tema do Proxecto deste ano), así era como se facía, empregando pezas de roupa que se atopaban na casa.

Animádevos a participar!
Achegádevos á Biblioteca!


Un saúdo.

Día da Paz 2017

O día 30 de Xaneiro celebramos no centro o Día da Paz. Este ano a canción elexida para conmemorar esta data foi "Bajo el mismo sol" de Álvaro Soler.
Inicialmente tiñamos previsto sair ao patio de infantil para que todo o alumnado (Infantil e Primaria) bailase e cantase a un tempo esta canción. Esto non foi posible por mor do tempo, mais dividímonos en dous grupos para poder celebralo no ximnasio.
O alumnado de 5º e 6º de Primaria preparou para nós unha "performance" con "Palabras de Paz" e da que temos máis información no seu blog. Preme no enlace para ler máis: "Performance 5º e 6º"
Gustounos moitísimo.

Se premedes nas imaxes poderedes acceder aos vídeos que resumen esta xornada.
https://youtu.be/WOQWFgtC1CU    https://youtu.be/NAxGd3xx6Tk

Un saúdo
MIMI

5 de febreiro de 2017

Transforma II (vídeo)

Este é o vídeo-resumo da 1ª xornada de obradoiros "Transforma II" que Sheila García Prado está a impartir no noso centro para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e da que dimos cumprida información en entradas anteriores.
Agardamos que vos guste e sexa de interese.



Un saúdo.
MIMI

4 de febreiro de 2017

V Certame de Relato curto da FANPA

A FANPA (Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos de Pontevedra) e a Editorial
Kalandraka, coa colaboración do Concello e Deputación de Pontevedra ademais doutras entidades, convocan o V Certame de Relato Curto dirixido a toda a comunidade educativa (alumnado, docentes e familias).
O concurso establece 4 categorías:
Alumnado de Primaria
Alumnado de Secundaria
Alumnado de Bacharelato/Formación Profesional
Adultos
A novidade desta edición é a incorporación aos premios do concurso dun obradoiro de creación literaria que se concederá aos autores/as dos cinco mellores relatos de cada categoría, impartido no mes de xuño pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), .

O prazo de entrega dos traballos estará aberto ata o día 28 de febreiro de 2017.


PARA PARTICIPAR:
Envía a túa participación a:  certame.relatocurto@nontedurmas.org

Este correo electrónico conterá dous arquivos/ficheiros:

1. Denominado DATOS (este arquivo é para a organización) no que figurará o relato completo e os seguintes datos do/a participante:
• o pseudónimo utilizado
• o nome e apelidos do autor/a
• o curso do alumno/a
• o centro escolar onde estuda o alumno/a
• o correo electrónico persoal
• o teléfono persoal
• o relato
2. Denominado RELATO (este arquivo é para o xurado) no que figurará:
• o título do relato
• o relato
• o pseudónimo utilizado
• a categoría (primaria, secundaria, bacharelato/formación profesional ou adultos).

Consulta, premendo a continuación, as BASES DO CERTAME.

ANÍMATE  E...  PARTICIPA!!  

http://oblogdemimi.blogspot.com.es/2016/04/temos-finalistas.htmlNo pasado certame dúas alumnas do noso centro quedaron finalistas: Elia Puddu, agora no IES de Barro, e Alba Villar de 5º curso. Elas viron os seus relatos publicados no libro que  Kalandraka edita con motivo do concurso e que Alba sostén nas súas mans na imaxe.


 Tí tamén podes ser finalista 
e ver publicado o teu relato nun libro.

Si queres ler os relatos finalistas do noso centro podes acceder aos seguintes enlaces: 

Relato de Elia:
  
Relato de Alba:
 http://diariodepontevedra.galiciae.com/blog/573189/unha-aventura-en-pontevedra-o-raposo-luke
 
PARABÉNS CAMPIOAS!!
Un saúdo
MIMI

2 de febreiro de 2017

Transforma II

Baixo o nome de "Transforma II" comenzamos a pasada semana a primeira sesión de obradoiros que a arquitecta Sheila García Prado, artífice do Proxecto Especies de Espazos, vai impartir no noso centro ao longo deste trimestre.
Foi unha xornada moi interesane na que alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º curso lembrou o aprendido na visita á exposición que fixeron no mes de novembro e xogando aprendeu sobre a importancia da funcionalidade nas edificacións. 
A parte que máis expectativas esperta e nos interesa, dentro do noso proxecto de reciclaxe, é a colaboración que nos brinda para dar continuidade ao seu proxecto confeccionando unha peza de mobiliario.
Amplían información os e as compañeiras de 6º curso no seu blog.

Un saúdo.
MIMI.

1 de febreiro de 2017

Exposición do Proxecto "Tapóns solidarios"

O alumnado de 5º curso de Primaria presentou ao longo da pasada semana o seu proxecto da campaña solidaria de recollida de tapóns na Biblioteca do cole.
Contaron con detalle a motivación e finalidade da campaña, e tamén como nós podemos contribuir.
Prepararon un folleto para darlle difusión entre as familias e que se repartíu estes días no centro.

Para ler máis sobre a súa investigación podedes seguir o enlace ao blog de 5º e 6º curso.


Un saúdo.
MIMI.