22 de marzo de 2024

SEMANA DA PRENSA

Para conmemorar a Semana da Prensa, realizáronse nas sesións de Educación Física, diversos xogos con xornais:

  • Atopa o mellor titular.
  • Corre sen que caia a folla.
  • Rouba noticias.
  • Crea o titular da sesión.


Unha actividade súper chula!!!

 

8 de marzo de 2024

DO 8 ao 18, 2024

 Con motivo da conmemoración do 8M propoñemos este interesante xogo de pistas. Cada día da semana investigaremos unha figura relevante no mundo do deporte, que irá aparecendo nunha nova páxina na presentación que tedes debaixo.

 Animádevos a participar!!!

Feliz día da Muller!!!


Do 8 ao 18, 2024 de Cole de Barro

7 de marzo de 2024

A EMIGRACIÓN NO DÍA DE ROSALÍA

 Para a conmemoración do Día de Rosalía este ano 2024 reflexionamos nas aulas sobre a emigración.  Por esa razón pedimos colaboración ás  familias do centro aportando algunha fotografía de familiares que emigraron ( no pasado ou actualmente) indicando ademais o parentesco e o lugar onde estiveron. Cada aula investigou coas imaxes e información recibida e colocáronse a continuación no cartaz para completar ao retrato da ilustre poeta.

Como curiosidades as familias aportaron tamén unha carta escrita desde Montevideo, un visado para visitar a un familiar e unha maleta de madeira de cerdeira feita polo bisavó dunha alumna.

Ao mesmo tempo traballamos o poema "Adios ríos, adios fontes" do que elaboramos unha versión con pictogramas para acompañar o noso cartaz. Completou a decoración un fermoso marco de margaridas decoradas  e as letras que formaron o rótulo tamén en alusión a Rosalía.


Quedou fermosísimo!

Moitísimas grazas pola colaboración!