Hoxe presentamos o punto de lecturas que nos fixo chegar a rede de bibliotecas escolares e agradecemos a Paula Carballeira o precioso texto co que nos agasalla.
descarga o punto de lectura.
Só un libro.
Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un
libro.
Un lbro.
Entre todos os agasallos que
puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?.
Que lle fixen eu?
Míroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo
entre as follas, ademáis de letrase debuxos.
Nada.
É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto,
sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo,
de escachalo, de queimalo, de estragalo…
A ver se así reacciona.
Non.
Que vai reaccionar!
Espera.
O libro espera.
Non se dacata de que son
máis forte ca el.
Non se decata de que podería
esnaquizalo se me deixase levar polo xenio.
Se cadra estase rindo de
mín.
Crerase moi importante por
ser un libro.
Vouno abrir.
Teño curiosidade por saber
se escribiron dentro del para que teña eses aires de superioridade.
Vaia!
Non está nada mal.
Empézame a caer simpático.
Tan caladiño, gardando a súa
historia coma quen garda un segredo.
Ás veces pensó que a
miñairmá pode lerme o pensamento.
Era xusto o que eu quería.
Un libro.
Este libro.