25 de novembro de 2025

25N 2025

Neste 25 de novembro, autoridades municipais, veciñanza e comunidades educativas do CEIP Amor Ruibal e da EEI de Curro unimos voces para reivindicar o noso rexeitamento a todo tipo de violencia, especialmente á exercida contra as mulleres.


Ao son da canción LISÍSTRATA (VARRE VASOIRA) de Fillas de Cassandra, pronunciámonos dicindo:

NON, NON, NON, NON!!!

Xa non calaremos máis!!! 


 

Ademais, participamos no Concurso de Deseño de logo e lema para a conmemoración do 25N que convocou o Concello de Barro a través da Concellería de Igualdade.

Nunha entrada anterior amosabamos un vídeo resumo dos cartaces que inclúen, entre outras, as creacións presentadas ao Concurso:

https://oblogdemimi.blogspot.com/2025/11/ambientacion-25n.html  

O deseño gañador é o resultado da fusión do logo presentado por Teo Orge Ferreiro de 6º de Primaria e do lema presentado por Elba Rivas Torres de 5º de Primaria.


Merecidísimos Parabéns! 

Moitísimas grazas a todas as persoas 

e entidades colaboradoras!!!

  

24 de novembro de 2025

AMBIENTACIÓN 25N

Durante a semana previa ao 25N, o alumnado do CEIP Amor Ruibal preparou diferentes logos e lemas para conmemorar o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres e reivindicar a fin desta lacra social.

Unha vez que os reunimos todos, elaboramos un fermoso mural onde eliximos como protagonista a unha das personaxes máis coñecidas da banda deseñada: Mafalda. O motivo de escollérmola é que sempre se mostrou moi reivindicativa no eido da igualdade de dereitos entre a muller e o home.

Este foi o resultado do noso marabilloso traballo a prol da igualdade!


Grazas a todas e a todos pola vosa colaboración!

16 de novembro de 2025

MAGOSTO 2025

Chega novembro e é tempo de castañas! Esta semana celebramos o noso Magosto no que puidemos gozar dunha mañá festiva con xogos tradicionais. A pesar da chuvia, o ximnasio, os corredores, as aulas de especialidades así como nos patios cubertos serviron de espazos para compartir grandes momentos.

Queredes ver o ben que o pasamos? Aquí tedes unha pequena mostra fotográfica!

 

Despois do recreo, maiores e pequenos/as comemos unhas riquísimas castañas asadas. Que boas estaban!

 🌰 Moitas grazas familias, coma sempre, pola vosa colaboración! Moitísimas grazas ás familias que asaron castañas nas súas locomotoras!🌰

8 de novembro de 2025

SAMAÍN 2025

Rematamos o mes de outubro pasándoo de medo! Os talleres de expresión corporal, manualidades con morcegos, experimentos máxicos e robótica foron as actividades escollidas para que os/as maiores e pequenos/as do cole o pasásemos xenial nun día no que lucimos os nosos traxes máis terroríficos.

 

Queredes ver o ben que o pasamos? Facede clic no vídeo!  

 Moitísimas grazas a tod@s por participar! Fixéstedelo xenial! 

🎃 Happy Halloween! Feliz Samaín! 🎃
 

7 de novembro de 2025

PRESENTACIÓN DO PDI

Una ano máis abrimos a nosa biblioteca coa celebración do Día das Bibliotecas Escolares. Por iso, o o alumnado de 6º acudimos a todas as aulas a presentar o PDI (Proxecto Documental Integrado) a través do cal imos a tematizar todas as actividades que fagamos este curso: NovenArte-BD.

Explicámoslles aos nosos compañeiros e ás nosas compañeiras que Snoopy fixo o 3 de outubro, 75 anos e, como os aniversarios son datas moi especiais e nos gusta moito esta personaxe, a escollemos como pretexto para traballar a banda deseñada. Ademais, ensinámoslle como son este tipo de textos e invitásmoslles a que sigan aprendendo sobre el. 

Queredes ver como o fixemos? 

 

Pica na imaxe para ver o vídeo que preparamos!


 


6 de novembro de 2025

VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA

Con motivo do Día das Bibliotecas, todo o alumnado do cole visitamos a Biblioteca Pública. Alí nos agardaban os avós e as avoas de Barro para contarnos preciosas historias e experiencias de vida que, de seguro, nos acompañarán sempre. Ademais, os e as maiores do centro contribuímos, coas nosas achegas, a como mellorar a biblioteca do noso concello.





Moitas grazas por converter esta actividade nunha fermosa tradición!!