Don José falou da importancia da nosa lingua, nai do idioma portugués, o que o fai unha lingua universal.
Manuel, Andrea, Nerea con D.Xosé Neira Vilas. |
Animounos a ler moito e regalounos unha morea de libros para a biblioteca do cole. Alí tamén felicitou aos rapaces e rapazas de 6º curso polo seu traballo de investigación no "Premio MIMI", especialmente ao equipo que investigou sobre a súa persoa.
Estivo con todos os grupos de alumnos (infantil e Primaria) en pequenos espacios de tempo. A todos levou unha mesma mensaxe:
"Ser modesto, humilde, solidario - que é axudar aos demais - en definitiva, ser boa persoa".
Valores todos que recollen, como el dixo, a "esencia" da súa noveliña e que hoxe recordou con todos nós.
D Xosé fai lectura da dedicatoria que nos deixou. |
Dedicatoria no libro de visitas do noso centro. |
Deixamos aquí constancia da súa dedicatoria e sinatura para todos e todas no colexio, así como esta breve entrada.
En breve ofreceremos unha escolma do acontecido ao longo da mañá.
Moitísimas grazas, Don José !!
Foi un pracer escoitalo e telo entre nós!!
Un saúdo.
MIMI.