Na segunda metade do mes de abril o alumnado do noso centro tivo a oportunidade de realizar visitas guiadas á exposición "As nosas senlleiras" sita no terceiro andar do edificio do Concello e promovida pola Deputación de Pontevedra.
Esta exposición pretende amosar a riqueza e tesouro natural de árbores consideradas "reliquias botánicas" situadas en distintos lugares da xeografía galega, a gran maioría na provincia de Pontevedra.
Testimonio destas visitas quedaron recollidos nos distintos blogs:
INFANTIL, PEQUECHOLANDIA: http://pequecholandia.blogspot.com.es/2018/04/visita-exposicion-as-nosas-senlleiras.html
PRIMARIA, 5º e 6º : http://amorruibaltercerciclo.blogspot.com.es/2018/04/as-nosas-senlleiras.html
Como broche de ouro desta actividade, o pasado 27 de Abril acudimos á Nave da Música. Alí puidemos gozar co contacontos "Verbas do monte" no que Anxo Moure coa súa "Tenda das palabras" e acompañado por Servando Barreiro (coa súa concertina), falou da importancia de protexer os nosos bosques, poñendo máximo coidado nas árbores autóctonas.
Moitas Grazas por axudarnos a coñecer a importancia de conservar este patrimonio tan importante !!
Grazas pola vosa labor!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario