Hoxe, 24 de Novembro, autoridades municipais e comunidades educativas do IES de Barro e do CEIP Amor Ruibal reunímonos diante do edificio do Concello para comemorar o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres e reivindicar o fin desta eiva social.
Fixémolo cantando a canción "Olvídame" de Xosé Lois Romero e Aliboria, coa participación especial de alumnas de ambos centros, integrantes do Grupo de danzas Amor Ruibal, que acompañaron con bombo e pandeiretas.
Ao longo das últimas semanas, desenvolvéronse nas aulas actividades diversas de concienciación e reflexión sobre a violencia contra as mulleres, a igualdade e os roles de xénero.
Ademais, participamos no Concurso, convocado este ano polo Concello, do deseño de logo e lema para a conmemoración do 25N.
O deseño gañador é resultado da fusión do logo da alumna Lía Maquieira de 5º de Primaria e do lema presentado polo equipo de 6º de Primaria integrado por Lara Aboy, Daniel Bugallo, Xiana Freire e Mateo González.
Merecidísimos Parabéns!!!
Moitísimas grazas a todas as persoas e
entidades colaboradoras!!!
Graciñas especiais ás alumnas que acompañaron instrumentalmente o noso cantar!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario