16 de maio de 2025

FESTA DA LINGUA 2025

Hoxe, na fermosa mañá solleira do 16 de maio, o alumnado de 6º acudiu á Tafona de Caldas de Reis para asistir á Festa da Lingua. Nela gozamos de recitados de obras inéditas, espectáculos musicais e monólogos en directo na nosa fermosa lingua.

O momentazo estelar chegou coa actuación de "As Tanxugueiras" que se animaron, de forma desinteresada, a celebrar con nós o Día das Letras Galegas! Cantaron tres cancións, dúas delas de especial recordo para as nosas homenaxeadas, as cantareiras. A outra, como non podía ser doutro xeito, a mundialmente coñecida, Terra, que cantamos todas e todos xuntos a viva voz con elas.





Gozamos moitísmo da experiencia e oxalá a poidamos repetila moitas veces máis! Tamén debemos dar as grazas ao Concello de Barro por facer posible que puidésemos acudir a este evento!

Viva a nosa lingua! Viva a Lingua Galega!

Ningún comentario:

Publicar un comentario