26 de outubro de 2017

Robótica Educativa en Primaria.

En marcha xa o Proxecto de Robótica educativa para Primaria. Onte celebrouse unha xornada de traballo en Santiago para o profesorado responsable do mesmo.
Hoxe presentamos e desenvolvimos a 1ª sesión "pensando" co alumnado de 4º curso de Primaria na Biblioteca do colexio. A introdución ao proxecto está alonxado na ula virtual.

Un saúdo,
MIMI

24 de outubro de 2017

Comenza nova andaina o Club de Lectura MIMI.

Celebramos hoxe, Día da Biblioteca Escolar, a primeira reunión deste curso no Club de Lectura MIMI. E comezamos con moita ilusión escollendo para este mes o libro "Unha pantasma blanca" de Fina Casalderrey.
Un grupiño pequeno pero xeitoso; con moitas ganas de ler, como dixeron Nerea, Bea e Adriana; con ilusión según contou África, porque "mi madre me dijo que en un club de lectura voy a pasarlo bien y a aprender muchas cosas"; aínda que tamén algunhas confesaron sentir unha pouca vergoña e certa timidez como Yadire, Andrea ou Lorena.
Por outra banda a nosa mascota estaba feliz de recibir hoxe a visita de toda a rapazada do cole para dar inicio a este curso na biblioteca. 
O equipo de axudantes máis as profes estiveron traballando un montón para que todo estivese a punto. Pronto veredes un resumo das actividades desta semana.
Un saúdo,
MIMI.

Ruta de sendeirismo por Perdecanai

     Coa chegada do outono, o alumnado de 1ºA, 1ºB, 2ºA e 2ºB gozou dunha ruta de senderismo por Perdecanai, explorando a Pedra do Home e os muíños de Souto de Lux.
      Sebas, Álex, Hugo e Martín cóntanonlo así:

Sebas
Álex

Hugo
Martín

23 de outubro de 2017

Concurso de cartaces para o Magosto

Este ano a celebración principal do outono vai ser "O Magosto". Na Biblioteca realizaremos unha exposición coas vosas aportacións plásticas sobre esta estación, exposición temática de lecturas, e máis actividades que estamos preparando.

Montaremos a exposición: "Un outono entre contos"

Por esa razón chegaron estes días ás vosas aulas unhas cartas moi especiais... a convocatoria do Concurso de Cartaces para o Magosto.

Anímovos a participar!!

Un saúdo,
MIMI.


21 de outubro de 2017

Outubro, Mes da biblioteca.

Ao longo deste mes de outubro desenvólvense diversas actividades nas bibliotecas co gallo da celebración do "Día da Biblioteca" o día 24. 

"Como cada año desde 1997 la Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil en colaboración con el Ministerio de Educación, Cultura e Deporte conmemoran el Día de la Biblioteca en recuerdo a la destrucción de la Biblioteca de Sarajevo, incendidada en 1992 durante la Guerra de los Balcanes."
Fuente:  http://rbgalicia.xunta.gal/es/actualidade/avisos/dia-de-la-biblioteca-2017

Nós daremos conta de todas as actividades que se veñen desenvolvendo en vindeiras entradas: A nosa visita á Biblioteca Pública, a apertura do curso na Biblioteca do Cole, o equipo de Voluntari@s da Biblioteca, a primeira reunión do "Club de lectura" e algunha cousiña máis que está no forno e da que iniciaremos andaina neste curso escolar ...

Polo de agora presentamos o cartaz que, con motivo da conmemoración desta data nas Bibliotecas Escolares Galegas, publica o departamento de Educación da Consellería de Cultura, Educación de O.U. 

"Cada ano proponse un lema e encárgase a súa interpretación a un creador ou a unha creadora do fértil mundo da ilustración en Galicia. Xosé Tomás é o ilustrador que este ano achega a súa creación a todas as bibliotecas escolares do territorio galego. Aprender a pensar coa biblioteca escolar, o lema elixido nesta ocasión, convida ao aproveitamento dos recursos, dos espazos, dos tempos e das actividades que a biblioteca facilita a toda a comunidade educativa."

Fuente: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1025

Espérovos o vindeiro martes, día 24 na Biblioteca do cole para celebrar esta data e o comenzo da nosa "Semana da Biblioteca" 
Un saúdo,
MIMI.

11 de outubro de 2017

BAROSA LÍQUIDA

Desde a biblioteca do cole animamos ao noso alumnado a participar na proposta que nos fixo chegar a organización do Festival Barosa líquida.
Baixo o lema do certame, "Todo o que cae na rede é peixe" pediamos a elaboración plástica "dun peixe".

Mirade que traballos máis lindos trouxeron!
Grazas a todos e todas polas vosas aportacións!



 
Podedes gozar das variadas actividades deste festival este domingo, 15 de outubro, na Barosa. 

Velaquí tedes o cartaz do evento.

Un saúdo,
MIMI.

14 de setembro de 2017

Concerto didáctico da BXB

Esta mañá gozamos dun interesante concerto didáctico, O país dos instrumentos, a cargo de compoñentes da Banda de música xuvenil de Barro, algúns deles mestres e mestras da Escola de música do noso Concello.
Por xentileza do Concello, membros de Protección Civil escoltaron a nosa subida á Nave da Música que foi cedida para a realización desta actividade. 

Manuel Fariña actuou de narrador ademais de amosarnos algúns instrumentos de percusión e a trompa; Iván amosou como sona a trompeta; Óscar, o trombón e o bombardino; Marcos, percusión, o óboe e o corno inglés; Anabel, o fagot; Alejandra, o clarinete; Martín, o saxo; Ana, a frauta travesa e Laura, o cello.
No seguinte vídeo podedes ver unha escolma fotográfica da súa actuación.



Que ben o pasamos!
Moitísimas grazas!

Un saúdo
MIMI

12 de setembro de 2017

Salón do libro, 2018

A XIX edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra xa está en marcha con importantes novidades.
A primeira delas chega da man dalgunhas librerías da cidade cunha iniciativa que se chama "A túa librería recomenda" e na que cada semana, a través das redes sociais, recomendarán unha obra literaria relacionada co tema da vindeira edición do Salón: "Mulleres de conto"

O pasado sábado a librería Seijas deu inicio a esta iniciativa coa recomendación de Anagnórise, obra de Mª Victoria Moreno (autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018)

Dende a nosa biblioteca agradecer á súa libreira, Nenuca, a súa sempre xenerosa colaboración cos equipos de Bibliotecas Escolares.

Un saúdo.
MIMI

31 de xullo de 2017

28 de xullo de 2017

Acto de Graduación e entrega de orlas.

Na última semana de clase celebramos no noso centro o acto de Graduación e entrega de orlas ao alumnado de 6º curso de Educación Infantil primeiro, e posteriormente ao alumnado de 6º de Primaria. Este ano por vez primeira e debido ao incremento de alumnado quixemos separar ambos actos para recibir con maior comodidade ás familias d@s graduad@s.
Amosamos a continuación un vídeo resumo dstes actos.



O acto de entrega de Primaria estivo amenizado pola Banda da Escola de Música de Barro ( a maioría alumnado do noso centro) , dirixida por Alberto Busto.
Fixérono moi ben!



Parabéns a todos e todas!!
Vémonos en Setembro!
Un saúdo,
MIMI