E así chegamos a este venres con moitas ganas de entroidar e pasalo xenial!
FELIZ ENTROIDO!!!
E así chegamos a este venres con moitas ganas de entroidar e pasalo xenial!
FELIZ ENTROIDO!!!
Velaquí as nosas peregrinas e peregrinos posando hoxe felices diante da catedral de Santiago de Compostela.
Moitísimas grazas, familias, polo voso grandísimo apoio nesta gozosa peregrinaxe!!!
Velaquí unha mostra das testas ben adornadiñas que pulularon hoxe polo CEIP Amor Ruibal.
Moitísimas grazas, familias, pola vosa implicación!!!
Que ben cumpriron hoxe as nosas nenas e nenos co mandado de MIMI!!!
Moitísimas grazas, familias, pola vosa colaboración!!!
A ver como relucen esas cabeciñas mañá, mércores!
Todo preparado no CEIP Amor Ruibal para a celebración do Entroido que virá marcado, coma sempre, polos mandados de MIMI, a mascota da nosa Biblioteca.
Este ano, os mandados estarán relacionados co noso PDI "BARRO NO CAMIÑO".
Moitísimos Parabéns, artistas!!!
O alumnado de 2º curso participou no III Proxecto didáctico dos Premios Martín Códax da Música 2021, onde falaron nun podcast das orixes do grupo @MUDLAND e o seu primeiro álbum, Meraki.
O grupo está formado por Inés Tilve, Francisco Prado e Felipe Rea, nai e pais de alumnado deste curso.
@Felipe Rea, foi o artífice e partícipe da iniciativa, que se enmarca dentro do proxecto do noso centro, As familias contan.
As nenas e nenos implicáronse moito e pasárono xenial gravando e escoitando o resultado.
Foi unha gran experiencia! Esperamos que vos guste!
Deixámosvos con MUDLAND!
Parabéns polo traballo e moitísimas grazas!