30 de marzo de 2022

SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA DE 2º e 3º DE PRIMARIA

No día de hoxe, o alumnado de 2º e 3º de Primaria, dentro do proxecto anual de centro, visitou a Catedral de Santiago de Compostela. 

Aproveitaron a mañá para coñecer a historia da catedral e para ter unha perspectiva diferente da mesma, subindo aos seus tellados. 


Unha auténtica gozada!!!


26 de marzo de 2022

LECTURAS EN FEMININO

O mes de marzo é de moita actividade na Biblioteca do noso centro. 

Durante os recreos tivemos ocasión de aprender coas lecturas de diferentes biografías de mulleres relevantes en distintos campos da ciencia, do deporte ou da arte.

Coa actividade "Venres de conto" a cativada de infantil gozou de contacontos impartidos por nenas de 6º curso do equipo de voluntariado da biblioteca: Maruxa de Eva Mejuto e Mafalda Milhoes, Dona Carme de Manuel Bragado e Pepe Carreiro, Os petos de Loreto de Quentin Blake, Iriña bailarina de Cristina Rodríguez e Paloma Justo foron os títulos que prepararon para eles.



Dentro do proxecto "As familias contan" dúas mamás das aulas de 1º de Primaria colaboraron coas titoras para preparar unha narración sobre a igualdade: "Vanesa non quere ser princesa" do escritor  Xosé A. Perozo e ilustrado por Jaime Asensi, publicado por Auga editora. 

Quedou testemuña no blog de 1º e 2º de Primaria:

http://amorruibalprimeirociclo.blogspot.com/2022/03/blog-post.html

Moitísimas grazas a todas pola vosa colaboración! 

A igualdade conta!

23 de marzo de 2022

AS VERBAS QUE CONTAN 2022

O Concello de Barro vén de convocar ao través da OMIX e da Biblioteca Pública o concurso "AS VERBAS QUE CONTAN" no marco da conmemoración das Letras Galegas 2022.

A convocatoria deste ano ten como novidade o tipo de composicións literarias a presentar: en prosa (contos ou microrrelatos) e en verso (acrósticos, caligramas ou haikus).


Podedes consultar as bases aquí.

Lembrade que o prazo de presentación dos traballos remata o 
mércores 4 de maio.

Agardamos as vosas creacións!

Ánimo, artistas!!!

22 de marzo de 2022

CONMEMORACIÓN DO DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN

No marco da conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down (21 de marzo), o alumnado da unitaria de Curro e do noso colexio asistiu hoxe na Nave da Música a unha sesión de cine desenvolvida en tres pases diferentes. A actividade, organizada e promovida polo Concello de Barro a través de Festivaliño on the road, consistiu na proxección da película Valentina, dirixida por Chelo Loureiro e gañadora dun Goya. 

Foi unha magnífica oportunidade para visibilizar a diferenza e promover a diversidade, a tolerancia, a igualdade e a inclusión plena e real de todas as persoas.

Pasámolo pipa!!!

Moitísimas grazas!!!

21 de marzo de 2022

DÍA DA POESÍA 2022

Para conmemorar hoxe o Día da Poesía, o alumnado de Infantil e Primaria creou fermosos poemas que compartiron a través de vistosos murais nos corredores do colexio e emotivos recitais poéticos celebrados ao aire libre.

Moitísimos Parabéns, artistas!!!


18 de marzo de 2022

MULLERES GALEGAS CON MOITA ARTE!

Hoxe, o alumnado recibiu uns bonitos puntos de lectura pola súa grandísima e boísima participación no xogo de pistas "Do 8 ao 18"  sobre a vida e obra de 7 MULLERES GALEGAS CON MOITA ARTE!Aroa OutónBea GregoresMarica CampoAida Saco-BeiroaMargarita LedoNANA (Diana Rodeiro) e Isabel Risco.

BRAVÍSIMAS!!!


17 de marzo de 2022

DO 8 AO 18: MULLERES CON MOITA ARTE! - 17M

Para coñecer á artista que homenaxeamos hoxe premede na seguinte ligazón:

https://drive.google.com/file/d/1n1Vl-JxOhVfC9cOuHKTGGqtsCfZQ5Qc6/view?usp=sharing

Tamén podedes acceder á información escaneando este código QR:

BRAVÍSIMAS!!!

16 de marzo de 2022

DO 8 AO 18: MULLERES CON MOITA ARTE! - 16M

Para coñecer á artista que homenaxeamos hoxe premede na seguinte ligazón:

https://drive.google.com/file/d/1F4Fy0gmo1JULjrJyin2QoXZpsAxb-unl/view?usp=sharing

Tamén podedes acceder á información escaneando este código QR:

A POR TODAS!!!

15 de marzo de 2022

DO 8 AO 18: MULLERES CON MOITA ARTE! - 15M

Para coñecer á artista que homenaxeamos hoxe premede na seguinte ligazón:

https://drive.google.com/file/d/1YycA2Q74sx8-Pd7ZEE1I-IQvCG9YA1-L/view?usp=sharing

Tamén podedes acceder á información escaneando este código QR:


A POR TODAS!!!

14 de marzo de 2022

DO 8 AO 18: MULLERES CON MOITA ARTE! - 14M

Para coñecer á artista que homenaxeamos hoxe premede na seguinte ligazón:

https://drive.google.com/file/d/1S1iAUrVXffzzKg6s98RWBPKOQCX30y3d/view?usp=sharing

Tamén podedes acceder á información escaneando este código QR:


A POR TODAS!!!