25 de outubro de 2026

FESTIVALIÑO ON THE ROAD

O venres 16 de outubro todo o CEIP Amor Ruibal converteuse por un día nun pequeno festival de cine grazas á actividade Festivaliño On The Road, unha iniciativa que achega o mundo audiovisual aos centros educativos e permite ao alumnado descubrir o cinema dunha maneira diferente, divertida e enriquecedora.

Ao longo da actividade, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de mergullarse no mundo das imaxes, gozar de novas historias e descubrir o poder do cinema como ferramenta para aprender, imaxinar e desenvolver a creatividade.

  

 

 Foi unha experiencia moi especial na que a curiosidade, a sorpresa e a ilusión estiveron presentes en todo momento. Actividades coma esta axúdannos a abrir as portas a novas experiencias e descubrir que tamén se pode aprender a través da arte, da cultura e da emoción.

🎥 Moitas grazas a Festivaliño On The Road por achegar a maxia do cinema ao noso cole! Grazas ao Concello de Barro e a Omix do concello por ofrecernos esta fermosa experiencia! 🎥

ACOMPAÑAMENTO LECTOR

Este ano, con motivo do Día das Bibliotecas Escolares (24 de outubro), o alumnado do CEIP Amor Ruibal participou nunha xornada de lecturas compartidas. Os padriños lectores e madriñas lectoras  achegáronse aos seus afillados e afilladas para gozar dunha "Hora de Ler Compartida".

A través desta experiencia, o alumnado tivo a oportunidade de practicar como contar historias, asumir responsabilidades, escoitar historias de acompañar os máis pequenos nesta aventura literaria, así como descubrir personaxes deixando voar a a imaxinación.

Pero esta actividade foi moito máis ca compartir libros: foi unha oportunidade para fortalecer os vínculos entre diferentes etapas educativas e desenvolver a empatía aprendendo uns dos outros.

 

💚 Seguimos construíndo unha escola na que os libros unen e cada lectura se converte nunha nova aventura! 💚

  

8 de outubro de 2026

CONCERTO DIDÁCTICO

Na mañá de hoxe, todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria gozou dun fabuloso concerto didáctico a cargo da Banda-Escola de Música de Barro, integrada por alumnado e ex alumnado do noso centro.

Pedro Torres, director da Banda, foi explicando as grandes familias de instrumentos (corda, vento-madeira, vento-metal e percusión), a modo de introdución de cada peza interpretada. Nenas e nenos de todas as idades fixeron acompañamento musical con palmas e corearon moitas das recoñecidas cancións.

Como colofón, o alumnado puido probar os seus instrumentos preferidos.


Canto talento musical hai en Barro!!!

Moitísimas grazas!!!

Moitísimos Parabéns!!!

6 de outubro de 2026

CROS ESCOLAR

 O alumnado de 5º e 6º de EP participou, coma tódolos anos, no Cros Escolar organizado a través do XOGADE. Este ano foi na azucreira de Portas. Noraboa a todos e todas.

VISITA TEUCRO

 O alumnado de primaria recibimos a visita de xogadores e entrenadores do Clube Balonmán SD Teucro para ensinarnos o deporte e animar a que o alumnado participe na actividade extraescolar de balonmán a través da ANPA do noso cole. Moitas grazas.


CAMPIONATO SUB14 DE TENIS

 O alumnado de 3º, 4º 5º e 6º de Educación Primaria visitou o Clube de Tenis da Caeira para practicar tenis, pádel e observar como xogaban rapaces e rapazas de todo o mundo. Unha gran experiencia.


29 de xuño de 2026

"PASEO DAS CERDEIRAS"

    Como ben sabedes, co gallo do Día internacional do Medio Ambiente, plantamos unhas cerdeiras no acceso principal do colexio. Nas aulas de terceiro de primaria elaboramos un cartaz conmemorativo versionando os seguintes versos de Rosalía de Castro:

 "Miña terra, miña terra,

 terra onde me eu criei, 

hortiña que quero tanto,

 figueiriñas que prantei".

    Quedounos tan bonito que quixemos colocalo no mesmo lugar onde plantamos as cerdeiras.

                                            
                 Mirade que bonita queda a entrada do cole!!
Grazas ás entidades colaboradoras por axudar a facelo posible!!


28 de xuño de 2026

ENTREGA DE DIPLOMAS AO VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA

O alumnado de 5º e 6º de Primaria, axudante da Biblioteca Escolar e participante no Programa de Voluntariado de Lectura, recibiu a última semana o diploma que acredita a súa colaboración durante todo o curso. 


Moitísimas grazas pola vosa colaboración!

23 de xuño de 2026

GRADUACIÓNS 2026

O pasado martes celebramos os actos de Graduación e Entrega de Orlas ao alumnado que neste curso 2025/26 rematou as etapas de Infantil e Primaria.

O primeiro acto, ás 10:30 horas, foi para o alumnado de Infantil. Contaron coa compañía dos seus compañeiros e compañeiras de etapa ademais de familiares.  

Despois de mirar un emotivo vídeo no que recordaron a seu paso por esta etapa, as persoas titoras fixeron entrega da Orla conmemorativa.







Con vestimentas das súas "personaxes de conto" favoritas, quixeron agasallar ás persoas asistentes cantando e bailando unha fermosa coreografía ao ritmo de "De ellos aprendí" de David Rees, canción coa que rematou o acto.


 

Ás 12:30 hs comenzou o acto de Primaria no que recibiron de man das súas titoras un diploma e a Orla conmemorativa.

 

  



Despedíronse cantando unha versión adaptada ás súas alegrías, medos, inquedanzas... da coñecida "Superestrella" de Aitana.



Moitísimos Parabéns!!

Boa andaina na nova etapa!!

Feliz Verán!! 



21 de xuño de 2026

FESTIVAL DE FINAL DE CURSO 2026

O pasado venres celebramos no pavillón municipal o esperado Festival de Fin de Curso, unha xornada moi especial coa que puxemos o broche final a este curso escolar 2025-26.

Durante o festival, o alumnado de todos os niveis participou con moita ilusión e entusiasmo, interpretando diferentes cancións que prepararon ao longo das últimas semanas.

As familias e demais membros da Comunidade Educativa puideron gozar dun espectáculo cheo de música, ritmo e emoción, no que os nenos e as nenas do noso centro demostraron o seu talento. Desde as cancións máis animadas ata as interpretacións máis emotivas, todas as actuacións contribuíron a crear unha mañá inesquecible.


Queremos agradecer a implicación do alumnado, do profesorado, do concello e das familias, xa que a súa colaboración foi fundamental para o éxito desta celebración. Parabéns a todos e todas polo magnífico festival!

Felices vacacións!