Amosando publicacións coa etiqueta EXPERIMENTOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EXPERIMENTOS. Amosar todas as publicacións

13 de novembro de 2022

FEIRA DA CIENCIA NA BIBLIOTECA

No marco da celebración do Mes da Ciencia en Galego, as alumnas e alumnos de 5º de Primaria organizaron unha magnífica Feira da Ciencia na nosa Biblioteca. Durante toda a semana deseñaron carteis, prepararon os materiais necesarios para a exposición e ensaiaron para que todo saíse perfecto.

O xoves, as nenas e nenos de 1º, 2º e 3º de Primaria visitaron a exposición, desfrutando en vivo e directo de ilusións ópticas e outras experiencias como: obxectos que se manteñen suspendidos na auga coa axuda de perlas xel (Orbeez) transparentes, candeas que fan subir a auga polo efecto baleiro, debuxos que desaparecen dependendo de como os mires e debuxos flotantes que se transforman en tatuaxes.

O venres foi a quenda do alumnado de 4º e 6º de Primaria, que experimentaron con reaccións químicas como a do vinagre co bicarbonato de sodio observando, en primeiro lugar, a escuma na erupción dun volcán e, en segundo lugar, os gases que se producen cun globo que se inchaba só. Tamén comprobaron as calidades do fluído non-newtoniano que, dependendo da forza que se lle aplique, resulta líquido ou sólido. Por último, aprenderon a mirar a través dun microscopio e a recoñecer os materiais que se utilizan.


Foron uns días moi intensos!!!

Moitísimos Parabéns!!!

2 de abril de 2020

A MAXIA DOS SENTIDOS

Aínda que non estamos no cole, continuamos aprendendo! A semana pasada o alumnado de 5º apuntouse a poñer a proba os seus sentidos e descubriron que... Non sempre din a verdade! Anímaste a comprobalo? 

Aquí vos deixamos como facer os experimentos e algunhas das fotos e comentarios que nos mandaron os nenos e as nenas de 5º.