Amosando publicacións coa etiqueta Día da Ilustración. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Ilustración. Amosar todas as publicacións

1 de febreiro de 2026

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2026

Con motivo do PDI deste curso "NovenArte-BD", o Día da Paz e da Non Violencia e o Día da Ilustración (30 de xaneiro) centráronse na creación de murais colaborativos a modo de viñetas nas que o alumnado reflexionou sobre a situación que está a vivir o noso planeta. 

A través de dúas tiras de Mafalda, iniciouse a reflexión acerca do que lle ocorre e cales son os problemas que está "a sufrir", o que supuxo reflexionar sobre o  significado da non violencia, a empatía, a solidariedade, a cooperación, o compañeirismo, a tolerancia... 

Como non podía ser doutro xeito, as nenas e os nenos do CEIP Amor Ruibal propuxeron fermosas mensaxes e bos desexos que van facer deste, un mundo moito mellor!

Aquí tedes o resultado do traballo realizado de maneira conxunta por todo o alumnado do centro 😍

31 de xaneiro de 2025

DÍA DA PAZ 2025

Ao longo desta semana, para conmemorar o Día da Paz e o Día da Ilustración (ambos o día 30 de xaneiro) todo o alumnado desenvolveu actividades moi variadas de investigación, lectoescritura, musicais e plásticas que lles permitiron reflexionar sobre os valores da non violencia, o amor, a solidariedade, a cooperación, o compañeirismo e non a discriminación ou o egoísmo. Todos eles valores e actitudes que debemos ter en conta para resolver conflitos e acadar unha convivencia pacífica.

Este ano, e dado que o noso PDI é "Cine de Barro" empregamos curtametraxes, películas e videoclips para desenvolver o noso traballo. Podedes miralos a continuación premendo nos títulos:


El erizo (Infantil, 1º e 2º de EP)

For the birds Os paxaros (1º, 2º, 3º e 4º de EP)

The bridge A ponte ( 3º e 4º de EP)

A Joy Story: Joy and Heron  Unha historia "feliz": Joy e a garza (3º e 4º de EP)

O neno do pixama de raias. (5º de EP)

Are you lost in the world like me? Estás perdido no mundo coma mín? (6º de EP)

 

Velaquí o resultado do traballo realizado, variados e vistosísimos murais cheos de fermosas palabras froito das nosas reflexións.


 

 
 
 
 

 





30 de xaneiro de 2023

A PAZ ESTÁ NAS NOSAS MANS

Hoxe, 30 de xaneiro, conmemórase o Día Internacional da Non Violencia e da Paz máis o Día da Ilustración. Con tal motivo, desenvolvemos no centro diversas actividades de investigación, lectoescritura, oralidade, musicais e plásticas sobre o tema, utilizando recursos e soportes variados, coa creación e recreación de poemas, cancións, lemas, bailes, carteis e murais ilustrados con símbolos pacíficos.


"Verdade que sería estupendo

que as espadas foran un pau da baralla.

Que o escudo, unha moeda portuguesa

e un tanque, unha xerra grande de cervexa [...]"

(canción de Cómplices)


3 de febreiro de 2022

NON HAI FRONTEIRAS PARA A PAZ

No marco da dobre conmemoración do Día da Non Violencia e da Paz máis o Día da Ilustración 2022, compartimos un vídeo creado cos xeniais debuxos do alumnado de Primaria baixo o lema NON HAI FRONTEIRAS PARA A PAZ, proposto por Sara, unha alumna de 5º, logo de escoitar nunha clase de música o espectacular Terra das marabillosas Tanxugueiras.

Moitísimos Parabéns, artistas!!!

DÍA DA PAZ E DA ILUSTRACIÓN

Para conmemorar este ano o Día da Paz e o Día da Ilustración, coincidentes ambos o mesmo día, 30 de xaneiro, todo o alumnado do centro desenvolveu actividades variadas de investigación, lectoescritura, oralidade, musicais e plásticas, que lle permitiron reflexionar sobre o valor da non violencia e da paz, e crear fermosos carteis e murais de cores vibrantes e luminosas, con simboloxía pacifista e claras referencias a destacados artistas como Keith Haring, Klimt, Picasso, Cándido Bidó e Romero Britto, que reflexionaron amplamente sobre a guerra, a paz, a esperanza e a felicidade nas súas obras.


FANTÁSTICOS TRABALLOS!!!

MOITÍSIMOS PARABÉNS, ARTISTAS!!!

30 de xaneiro de 2017

Obradoiro de ilustración na Biblioteca Pública


Este xoves día 2, en horario de tarde, podedes participar nun obradoiro de ilustración no que se elaborará "a personaxe da biblioteca" para este ano 2017. 

Na ficha que se repartíu no cole tedes algunha pista para ir pensando e aportar as vosas ideas.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!! 

Un saúdo.
MIMI.