Amosando publicacións coa etiqueta BXBarro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BXBarro. Amosar todas as publicacións

26 de setembro de 2025

CONCERTO INICIO CURSO ESCOLAR

O noso alumnado de Primaria gozou hoxe do tradicional concerto didáctico de inicio do curso escolar a cargo da Banda - Escola de Música de Barro. As nenas e nenos escoitaron con moita atención, cantaron e tiveron a grandísima oportunidade de probar os instrumentos. 

Pasárono xenial!!!

Moitísimas grazas!!!












Canto talento musical hai en Barro!!!

Moitísimos Parabéns!!!


27 de setembro de 2024

CONCERTOS DIDÁCTICOS PRIMARIA

A música é para gozala. Nos concertos didácticos de hoxe, o noso alumnado de Primaria aprendeu, divertiuse e participou con moito gusto e emoción. Foron dous concertos memorables, a cargo da Banda-Escola de música de Barro, nos que as nenas e nenos coñeceron de primeira man os instrumentos da escola e, ademais, tiveron a grandísima sorte de probalos.


Moitísimas grazas!!!

Moitísimos Parabéns!!!


28 de setembro de 2023

CONCERTOS DIDÁCTICOS

Moito gozaron hoxe as nosas nenas e nenos de Primaria cos fantásticos concertos didácticos ofrecidos por integrantes da EMBA (Escola de Música de Barro), baixo a maxistral guía de Pedro Torres, director da Banda de Música Xuvenil de Barro.

Alumnado e ex alumnado do noso centro participou nas xeniais interpretacións de coñecidos temas musicais, que o director intercalou sabiamente con animadas explicacións das familias instrumentais.

Como premio á fantástica participación do público, que demostrou unha vez máis saber estar en silencio e escoitar con moita atención, o alumnado tivo a oportunidade marabillosa de probar os instrumentos que quixeron. Pena que non houbera máis tempo para facelo, porque a experiencia foi un exitazo.

Pasámolo xenial!!!

Bravissimo!!!

Moito talento musical hai en Barro!!!


21 de xuño de 2023

CONCERTO SÚPER EMOCIONANTE

Hoxe asistimos a un concerto súper emocionante do noso alumnado que está na Escola de Música de Barro (EMBA). Acompañado magnificamente por Pedro Torres, director da Banda de Música Xuvenil de Barro, e as mestras Cristina García e Laura Juncal, interpretou un extenso e variado repertorio, que mereceu longos e cálidos aplausos das súas compañeiras e compañeiros, que prestaron moitísima atención.

O concerto tivo lugar na Nave da Música do Concello de Barro e contou cunha presentadora de excepción, Aroa Tellado, ex alumna do noso centro e integrante da Banda.

Bravissimo, artistas!!!

Moitísimos Parabéns!!!

Grandísimo pracer escoitarvos!!!