Amosando publicacións coa etiqueta contacontos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta contacontos. Amosar todas as publicacións

8 de marzo de 2025

CANTAREIRAS, CONTADA POLA IGUALDADE

 Esta semana todo o alumnado do centro gozou dunha contada moi especial a cargo do colectivo Polo Correo Do Vento. Esta actividade está promovida polos Servizos Sociais do Concello de Barro dentro do Programa do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

En catro sesións, unha para cada un dos ciclos educativos do centro, escoitamos a Carlos Taboada como emocionado contacontos,  Alba Faro e Marcelo Dobode entusiastas "cantareiras" e acompañados de Tania Solla coas súas magníficas ilustracións.

 

 Interesantísimas e constructivas xornadas!

Moitísimas grazas!


20 de xuño de 2024

CONTACONTOS LUÍSA VILLALTA

Na mañá do martes o alumnado de 3º e 4º de Primaria puido gozar dunha actividade de contacontos e un obradoiro de debuxo impartido por Polo Correo do vento, actividade promovida pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Barro. 

O contacontos de Quique Mauricio, "Tinta do mar" (homónimo da obra por eles publicada) relata pasaxes da vida da autora homenaxeada este ano polas Letras Galegas, Luísa Villalta. Ao remate, puidemos aprender a facer a súa caricatura guiados moi sabiamente por Carlos Taboada.




A rapazada tivo ocasión de facer un pequeno repaso musical con Antón Ke no que lembraron o motivo da celebración das Letras Galegas, a figura de Rosalía de Castro e detalles da vida de Luisa Villalta. 

Moitísimas grazas!!

Gozámolo moitísimo!!

 

30 de maio de 2024

CONTADA POLA IGUALDADE

Na mañá de hoxe estivo no centro "Manuela Contacontos" para desenvolver unha intensa e interesante xornada de contacontos na que participou todo o alumnado do centro.

O espectáculo está baseado nos libros de Raquel Díaz Reguera: "¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?" e "Cuando las niñas vuelan alto" e o seu obxectivo é o de promover a igualdade e a busca da identidade persoal en nenos e nenas. 

 



Moitísimas grazas!!

PASANDO A BOLA coa XANELA DO MAXÍN

 Na mañá de onte estivo no centro a compañía A Xanela do maxín para escenificar o espectáculo "Pasando a bola" baseado no libro A banda dos insectos de Celtia Figueiras. Contou ademais coa fabulosa e inestimable colaboración de magníficos actores e actrices que se presentaron voluntariamente entre o alumnado de 5º e 6º curso.

 


Moitísimas grazas!