Amosando publicacións coa etiqueta BD. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BD. Amosar todas as publicacións

26 de outubro de 2025

APERTURA DE BIBLIOTECA E DECORACIÓN DO PDI

O pasado día 24 de outubro conmemoramos o Día das Bibliotecas abrindo a nosa Biblioteca de Centro. O alumnado xa puido desfrutar de todos os contos e xogos que hai no seu interior durante o tempo dos recreos. Ademais esta semana comezará o préstamo de libros e o alumnado elixirá un libro da nosa biblioteca para levar para casa.

Tamén entre todo o alumnado decoramos a nosa entrada tendo en conta o PDI deste ano "NovenArte - Banda Deseñada". Mirade como quedou!!



18 de marzo de 2021

"DO 8 AO 18: BD-MULLERES GALEGAS"

Moito xogo deu o mural que temos no patio BD DAS MULLERES GALEGAS! 

Co motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, a caseta onde está pintado o fermoso mural converteuse, do 8 ao 18 de marzo, nun lugar de gozosa peregrinaxe e punto de partida dunha apaixonante viaxe de investigación para todo o alumnado do colexio. Alí ían cada día na procura de respostas a cuestións, diferenciadas por idades, plantexadas polos equipos da Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega sobre as 7 mulleres galegas retratadas: Ángeles Alvariño, María Victoria Moreno, Isabel Zendal, Maruja Mallo, Ángela Ruiz Robles, Ernestina Otero e Antonia Ferrín.  Mulleres moi significativas e auténticos referentes para todas e todos nós, sobre as que logo pescudaron nas respectivas aulas.

Soamente queda agradecer a todo o alumnado e profesorado de Infantil e Primaria a súa magnífica participación, ao Concello de Barro, por promover a iniciativa do mural no noso centro, e a Quique Mauricio e Carlos Taboada de Polo Correo do Vento, por seren os artistas que deseñaron e debuxaron a fermosa obra con propostas didácticas incluídas.

Grandísimo pracer é aprender gozando e gozar aprendendo!

MOITÍSIMAS GRAZAS!!!


8 de marzo de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: "DO 8 AO 18"

Hoxe, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, presentamos a todo o alumnado de Infantil e Primaria o xogo de pistas "Do 8 ao 18" co obxecto de investigar, ata o dezaoito de marzo, sobre a vida e obra de 7 importantes mulleres galegas. Todas elas están moi ben debuxadas no fermoso mural "BD-MULLERES GALEGAS" que temos no patio, deseñado e realizado por Carlos Taboada e Quique Mauricio, integrantes de Polo Correo do Vento, que tamén fixeron unhas propostas didácticas moi interesantes que podedes ver a continuación.

BD Mulleres galegas Propostas de actividades by Amor_Ruibal on Scribd

 
Por mor da COVID, non podemos realizar a actividade conxuntamente pero cada día aparecerán pistas nos taboleiros dos corredores para que, en cada aula, se poida descubrir, coñecer e recoñecer unha a unha a estas grandes mulleres traballadoras galegas.
 
 

20 de xuño de 2020

MULLERES PROTAGONISTAS

Magnífico o mural "Mulleres protagonistas. BD Mulleres galegas" que acaban de rematar Carlos Taboada e Quique Mauricio do colectivo Polo Correo do Vento no patio do noso centro.


Esta iniciativa que promove o departamento de Asuntos Sociais do Concello de Barro está enmarcada dentro do Pacto do Estado contra a violencia de xénero. O mural servirá para a posta en valor de mulleres protagonistas de diferentes campos e será un exemplo de referentes para o alumnado do noso centro. No mural aparecen reflectidas as dificultades que pasaron estas mulleres por ser muller e busca que as xeracións futuras superen estas situacións.

Por mor do confinamento e da situación excepcional deste curso escolar ao non poder volver ás aulas o proxecto inicialmente presentado foi modificado e deseñado para ser difundido de forma interactiva a través da aula virtual do centro no mes de xuño.
Malia ter todo organizado, por mor da meteoroloxía, a realización do mural tivo que ser retrasada polo que o desenvolvemento do proxecto como tal ímolo pospoñer para o primeiro trimestre do vindeiro curso escolar.

Deixamos aquí testemuña con estes collages do excelente traballo realizado e despedimos cun "Deica pronto" a Carlos e a Quique para que nos conten máis na volta ao cole.




Parabéns polo resultado!!!
Moitísimas grazas!!!