9 de decembro de 2024

XXIV CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Nova convocatoria do tradicional Concurso de Postais de Nadal do Concello de Barro e no que colaboramos cada ano.

 


PRAZO: A data límite de entrega será o luns, 16 de decembro de 2024.


CATEGORÍAS:

  • Categoría A: Infantil (só para centros escolares, recibirán un pequeno detalle por participar)
  • Categoría B: 1º e 2º de Primaria (traballo individual)
  • Categoría C: 3º e 4º de Primaria (traballo individual)
  • Categoría D: 5º e 6º de Primaria (traballo individual)
  • Categoría E: 1º e 2º da ESO (traballo individual)
  • Categoría F: 3º e 4º da ESO (traballo individual)
  • Categoría G: En equipo, que pode estar formado por nenos e familiares ou amizades, cun máximo de tres persoas.

 

PARTICIPANTES: 

Cada participante poderá entregar un máximo de dúas postais. 

 

 PRESENTACIÓN: (No formato facilitado polo Concello)

  • TAMAÑO: Medio folio DIN-A4 podendo ser en blanco e negro ou en cor.
  • TEMA: Libre.
  • IDIOMA: Empregarase o galego.


Bases completas no tablón de anuncios da sede electrónica do Concello de Barro:

XXIV Concurso de Postais de Nadal 2024_Concello de Barro

Animádevos a participar!

7 de decembro de 2024

OBRADOIROS DE PREVENCIÓN. ESCOLA E FAMILIA

Xa están en marcha as actividades do Proxecto de Prevención das Condutas Adictivas no que o Concello de Barro participa desde o ano 2013, xunto con outros da contorna (Campo Lameiro, Cuntis, Moraña e Portas) contando cun convenio de cofinanciamento da Consellería de Sanidade.

 


Para complementar as actividades preventivas que se levan acabo no centro escolar (hábitos saudables, habilidades sociais, habilidades de rexeitamento, de autoestima, intelixencia emocional, riscos e mitos TRICs, mitos e riscos drogas, etc.), dende o Proxecto de prevención de Barro facilítase material preventivo para poñer a disposición das familias. Con el, e seguindo pautas breves e sinxelas, poderedes mellorar a vosa competencia preventiva, favorecendo a promoción da saúde e a prevención de riscos psicosociais asociados á xuventude (condutas violentas, consumo drogas, abuso TRIC).

 

MATERIAIS INTERACTIVOS:

  • DECÁLOGO INTERACTIVO: 10 consellos para mellorar a relación cos fillos e fillas. 
Genially: 10 consellos para mellorar a relación cos fillos e fillas
  • PAUTAS FAMILIARES: Contribuir ao desenvolvemento saudable dos fillos e fillas. 
Parentalidade positiva: Pautas para familias
  • PREVENCIÓN CONDUTAS DE RISCO EN ADOLESCENTES: Comportamentos violentos, fracaso escolar, consumo de drogas, alteracións da alimentación, sexualidade e abuso de tecnoloxías. 
UNAF: Condutas de risco en adolescentes

XOGOS EN FAMILIA: 

  • FAMILIAS: Xogo para mellorar o clima e convivencia familiar. 
Xogo: Competencias persoais e sociais
  • ROLEANDO EN FAMILIA: Xogo para a mellora das relacións familiares e a prevención das condutas de risco na adolescencia. 
Xogo: Roleando en familia 

Nesta liña, ao longo deste curso escolar ofertaranse, dende o Proxecto de prevención das condutas adictivas, en colaboración co noso centro e coa ANPA Obradoiros presenciais e en liña destinados ás familias, cos que fomentar o papel preventivo da familia, como principal axente de socialización.

Para finalizar, incluímos os datos de contacto do Departamento de prevención das condutas adictivas de Barro, ao que pode recurrir de forma gratuíta e confidencial calquer familia ou persoa que necesite asesoramento, orientación e/ou tratamento relacionado coas condutas adictivas.

 

Contacto Servizo de prevención das condutas adictivas: 

Dirección: Centro Ocupacional “A Ran”, Cuntis.

Teléfono: 986 59 59 22 (Horario de 9:00 a 14:30h)

E-mail: prevenciondrogodependencias@concellodecuntis.es

Blog:www.prevenciondrogodependencias2020.blogspot.com   

Servizos prestados:
Asesoramento sobre tratamentos de deshabituación de drogas, derivación centros asistenciais. Asesoramento sobre tratamentos das adiccións sen substancias (abuso TRIC, xogos de azar), derivación centros asistenciais. Tratamento para deixar de fumar (individual e grupal). Asesoramento familiar sobre a prevención das condutas adictivas dende a familia (prevención consumo de drogas, abuso das TRIC e uso/adicción a xogos de azar).


Un proxecto moi necesario e 

interesante para toda a comunidade!