30 alumnos e alumnas de 5º e 6º curso de Primaria participaron este ano na campaña "Voluntariado de lectura - A" Este programa é o resultado dunha colaboración entre a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Consellería de Cultua, Educación e O.U.) e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Consellería de Política Social)
Durante todo o curso escolar dedicaron algún recreo da semana a realizar distintas tarefas na biblioteca tales como préstamo, etiquetado dos libros, revisar a colocación nos andeles, axudar ao alumnado máis cativo, e a que máis gozan de todas: ler e preparar contos para o alumnado de infantil.
Como recompensa por este traballo o último día de biblioteca disfrutaron dunha xornada de convivencia na que realizaron a pé un tramo do camiño de Santiago que vai desde o noso centro hasta o Parque Natural da Barosa (aprox. 5 Km)
Recollemos nun vídeo as imaxes que resumen este traballo.
Así mesmo a Asesoría de Bibliotecas Escolares fixo chegar ao centro unhas camisetas co emblema da campaña e os diplomas que acreditan a súa participación nela.
Repartímolas na biblioteca e amosamos os collages que recollen o momento da entrega.
Todos e todas lucíronas con orgullo e moi agradecidos e agradecidas polo recoñecemento ao seu traballo.
MOITAS, MOITÍSIMAS GRAZAS POR CUMPLIR O VOSO COMPROMISO!
Hoxe repartíuse no cole a nosa revista escolar "Cousas nosas". Xa tedes nos vosos fogares a versión en papel da mesma.
Deixamos aquí a versión dixitalizada para que a poidades ver e ler a toda cor.
Podedes acceder a esta e ás revistas anteriores a través do blog de lecturas e produccións propias, do que tedes enlace na barra da dereita si premedes na imaxe da revista "Cousas Nosas" ou ben premendo no enlace a continuación.
Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras da biblioteca para este verán. Unha ampla variedade de títulos para que gocedes cun libro durante as vacacións.
O alumnado de 5º e 6º curso de Primaria desplazouse a Outeiro de Rei para coñecer "in situ" os lugares máis representativos da infancia de Manuel María e que tan fermosamente plasmou nos seus poemas.
Desde a "Casa Museo Manuel María" Fran Rei (responsable de actividades) e Antón Laxe ("amigo da casa" e o noso guía) prepararon para nós un roteiro para coñecer os arredores da "Casa das hortas" que o poeta ten moi presentes nos seus versos. En cada unha das paradas nós acompañamos coas cantigas dos seus poemas ou coa lectura de outros alusivos ao lugar.
Mirade o vídeo que recolle esta visita que para nós foi moi entrañable.
Para máis información sigue lendo no blog do 3º ciclo premendo no seguinte enlace:
Para conmemorar esta data no colexio, e dado que o autor homenaxeado este ano tiña abundante produción literaria asequible e axeitada para o noso alumnado, decidimos organizar un festival. que chamamos "Arredor das Letras" por celebrarse en datas próximas ao Día das Letras Galegas e que tivo lugar o pasado 20 de maio na nave da Escola-Taller, grazas á colaboración do Concello.
Para a súa organización contactamos con Manuel Fariña e coa Banda Xuvenil de Barro (que colabora frecuentemente con nós) para pedirlles nos acompañasen musicalmente nalgún poema de Manuel María.
Aceptaron gustosos a participación e ofrecéronse a interpretar algúns temas: "Piratas del caribe" banda sonora da película homónima e o pasodobre "Martiñika" de Roxelio Groba baixo a dirección de Alberto Busto.
Decidíuse interpretar conxuntamente o poema de Manuel María "O carro" musicado por Mero Iglesias grazas aos arranxos para banda feitos por Adrián Silva Magdalena. Foi o noso fin de festa.
No colexio aprendimos ademais outros poemas de Manuel María cos que traballamos nas aulas e que logo cantamos no festival.
Coa profe Claudia argallamos coreografías e aprendimos as cancións deses poemas que están recollidas no libro-disco "Canta o cuco" musicado por Uxía Senlle e Magín Blanco: "A roda - roda", "A dorna", "O cuco", "A vaca", "O lar" e "A cidade".
O alumnado de 5º e 6º curso cantou ademais "Galicia" poema musicado por Suso Vaamonde.
@s compañeir@s do IES sumáronse á celebración e prepararon dous poemas de Manuel María "A fala" e "Idioma meu" que eles mesmos musicaron baixo a coordinación de Miro, o seu profe de música. A presentación do festival correu ao seu cargo e foron dous ex-alumnos do noso centro, Martín e Brais os encargados de dar paso a cada actuación.
A continuación ofrecemos dous vídeos que preparamos, un cun resume das actuacións e outro con alguhnas imaxes da festa.
O alumnado de 5º e 6º curso (Axudantes de Biblioteca) foi o encargado de dar comenzo ao proxecto "Menuda Bichería". Fixérono co contacontos que prepararon no 1º trimestre "Un bicho raro" tal como contamos no seu día.
Nas aulas investigaron cunha webquest preparada a tal fin e titulada "Un becho raro", crearon o "Museo de bechos raros" e deixaron tanto en versión dixital como en papel un "Inventario de bichos raros", incluso crearon uns xogos para a biblio .....
Podedes mirar todos os seus traballos no blog do Terceiro ciclo, premendo no enlace:
Con este título desenvolveu o alumnado de Educación Infantil o seu proxecto. Este curso investigaron sobre as características e curiosidades dos insectos.
Fixeron tamén, coa colaboración das familias, unha escolma de textos de tradición oral relacionados cos "bichos" (ditos, refráns, adiviñas, ... Si premedes no seguinte enlace podedes seguir os materiais que elaboraron.
Aquí amosamos o primeiro vídeo no que resumimos a exposición que fixeron os rapaces e rapazas das clases de 5 anos do que aprenderon na biblioteca do colexio.
Presentamos os vídeos da exposición do alumnado de infantil das aulas de 3 e 4 anos.
O alumnado de 3 anos falounos dos ourizos e dos caracois, bichiños dos que aprenderon unha chea de cousas.Gustoulles coller o micro e contarllo aos seus compañeiros e compañeiras.
Mirade que ben o fixeron!
O alumnado de 4 anos presentou unha escolam de refráns, ditos e cantigas que recopilaron ao longo do proxecto.
Este é o título que escolleron para o proxecto "Menuda Bichería!" na clase de 4ºnivel de Primaria. Desenvolvérono principalmente desde a área de Lingua e crearon un libro de pistas do que nos informan no seu blog.
Estes "bichos" ou "seres" da ficción foron os escollidos por 3º curso para a súa investigación.
Investigaron, debuxaron e crearon un libro sobre o que aprenderon. Expuxeron uns grandes murais no corredor de dirección e agasallaron á biblioteca cunhas orixinais cortinas.
Todo esto está recollido no blog do ciclo, premede no enlace para seguilo.
Esta foi a investigación que desenvolveron os máis pequenos da Primaria. O alumnado de 1º e 2º curso investigou sobre diversos peixes, algúns deles do noso litoral, e tamén grandes animais mariños. Ademais crearon o seu acuario para a exposición.
O alumnado de 2º tamén elaborou un libro con textos de diversa tipoloxía con estes animais (receitas, acrósticos, adiviñas, ...)
Podedes mirar todas as súas actividades no blog do Primeiro Ciclo, premendo na imaxe.
A continuación amosamos un vídeo no que se resume a exposición e presentación dos traballos que fixeron na Biblioteca do cole.
Na mañá do luns día 30 de maio tivo lugar o acto de entrega do VIII Premio MIMI que realizamos como ven sendo habitual no Salón de Actos da Biblioteca Pública de Barro.
Daniel Moreiras, Iván Capón e María Portero son os integrantes da produtora independente "Páramo Pictures" gañadora deste ano. Daniel e Iván estiveron con nós para recoller o trofeo e moi gustosos interpretaron algúns dos famosos temas que versionaron ao galego "ao seu xeito". No escenario estiveron acompañados polo alumnado de 5º curso e responsable deste proxecto ano tras ano.
Amosamos o vídeo a continuación que resume o acto.
Aquí tedes tamén unha presentación de imaxes que tomamos con eles despois da súa actuación.
Non podía faltar nesta entrada o enlace ao blog do 3º ciclo. Ahí tedes toda a información que nos facilita o alumnado de 5º curso do desenvolvemento deste apaixoante proxecto. Botade unha ollada premendo na imaxe.