O alumnado de 5º e 6º curso de Primaria desplazouse a Outeiro de Rei para coñecer "in situ" os lugares máis representativos da infancia de Manuel María e que tan fermosamente plasmou nos seus poemas.
Desde a "Casa Museo Manuel María" Fran Rei (responsable de actividades) e Antón Laxe ("amigo da casa" e o noso guía) prepararon para nós un roteiro para coñecer os arredores da "Casa das hortas" que o poeta ten moi presentes nos seus versos. En cada unha das paradas nós acompañamos coas cantigas dos seus poemas ou coa lectura de outros alusivos ao lugar.
Mirade o vídeo que recolle esta visita que para nós foi moi entrañable.Para máis información sigue lendo no blog do 3º ciclo premendo no seguinte enlace:
Desde aquí queremos agradecer a Fran Rei e a Antón Laxe a súa entrega e colaboración para que esta visita foise posible.
Un saúdo,
MIMI.
Ningún comentario:
Publicar un comentario