A pasada semana o alumnado de Infantil do noso centro acudíu á Biblioteca para recibir de mans do alcalde de Barro uns agasallos pola participación no concurso de contos "Cóntame un conto, veciño" que organizan conxuntamente os concellos de Barro e Portas.
Diana (mamá de Noa) e Adán acompañaron a Pili (A informadora Xuvenil da BP do concello) para contarnos un conto. Diana traía na súa maleta á ratiña Luisa para contarnos o conto do rato "Paco" de Paula Carballeira.
Gustounos moitísimo!
A continuación, o Sr alcalde, Xosé M. F. Abraldes, fixo entrega dos agasallos. O/A responsable do día foi quen recolleu das súas mans un paquete cuns libros e un puzzle para cada aula.
No blog de Infantil podedes mirar un fermoso vídeo resumo de esta actividade.
O alumnado de 4º curso investigou sobre o funcionamento das máquinas simples: o plano inclinado, a panca e a polea e, cos produtos que elaboraron, montaron unha pequena exposición na biblioteca.
En cada aula prepararon tamén uns xogos "conectores" para practicar o nome das comunidades autónomas e dos ríos españoles. Todos estes traballos elaborados dentro do proxecto BARRRO e coa premisa da reutilización de materiais.
Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para este verán. Incluímos unha sección especial de libros de imaxes. Son verdadeiras obras de arte nas que, sin palabras, recrean fermosas historias nas que o detalle das ilustracións é espectacular.
Confiamos que vos gusten e que as gocedes alí donde esteades este verán.
O pasado venres, 9 de xuño, desplazámonos á Nave da Música (local cedido polo Concello) para escoitar a exposición do proxecto de reciclaxe deste curso, que o alumnado de 6º de Primaria tiña preparada para nós.
Alí nos esperaban para sorprendernos cunha presentación audiovisual que acompañaba a explicación do desenvolvemento do proxecto e as actividades que levaron adiante ao longo de todo o curso.
Como investigaron sobre a compostaxe, eles chamaron ao seu proxecto "BARRRO.COM" e o cartel que o ilustra foi o finalista da súa aula, elaborado por Alba Besada e Celia Pombo.
Recolleron información detallada desta data no blog de 5º e 6º:
Coa colaboración de alumnado, profesorado e persoal do comedor do cole realizaron unha curta titulada "Nós apostamos por compostar" na que explican e dan visibilidade ao recollido no seu folleto.
Un grandísimo traballo.
Parabéns polo voso esforzo!!
Os nosos Parabéns e Agradecementos tamén a todas e todos os que, dalgunha maneira, participastes con nós ao longo deste curso para que este proxecto saíse adiante.
Alumnado do IES de Barro estivo no noso centro o pasado luns día 29 de maio durante a Hora de ler para realizar a súa habitual sesión de contacontos ao alumnado de 5º e 6º curso de Primaria.
Nesta ocasión o alumnado de 3º de ESO, acompañados da súa profesora María García, fixo lectura de dous libros de Carlos Casares: "A galiña azul" e "Toribio ten unha idea" e o alumnado de 2º curso, representou con títeres unha adaptación libre dunha das historias de "Os vellos non deben namorarse" de Alfonso R.Castelao dirixidos polo profesor Miro Touris.