29 de xuño de 2018

XXXIX FESTA DO VIÑO DE BARRO

Compartimos hoxe tres vídeos sobre a Festa do Viño de Barro 2018 na que tivo a honra e o pracer de participar activamente a comunidade educativa do CEIP Amor Ruibal de Barro, no emotivo acto inaugural do pregón, que tivo lugar o venres 15 de xuño no Pazo da Crega.
Reiteramos a nosa máis profunda gratitude e, asemade, agradecemos enormemente a xenerosa colaboración de Gloria e Harry, integrantes do grupo musical Mamá Cabra, por acompañármonos á hora de interpretar o seu Baile da Paz, que tan ben recolle o espírito alegre, solidario e pacífico característico desta emblemática Festa.


  • No programa Orixe e Calidade (emitido o xoves 21 de xuño) do CANAL RÍAS BAIXAS (a partir do minuto 9, aproximadamente):






Ningún comentario:

Publicar un comentario