Durante o mes de novembro o noso alumnado acudíu á Biblioteca Pública do Concello para realizar diversas actividades.
Formación de usuarios, revisando as normas da bibliotca, contacontos e creación dun "Conto misterioso" foron as actividades desenvolvidas polo alumnado de Educación Infantil e os cursos máis baixos de Primaria.
Pili, a informadora xuvenil, tiña dous contos preparados para nós: "Monstruo rosa" de Olga de Dios e "Un bicho extraño" de Mon Laporta e Óscar Vilán cos que gozamos moito.
O alumnado dos cursos superiores (3º a 6º de Primaria) participou nun xogo de pistas por equipos para descubrir a identidade de varios escritores e escritoras. Este xogo recibe o nome de "Quen é quen?" e tódalas pistas para completalo están nun blog creado para tal fin. Podedes atopar na columna da dereita a imaxe que o enlaza ou premer a continuación.
Preparamos un video-resumo con imaxes de todas estas actividades, botádelle un ollo!
Un saúdo.
MIMI.
Ningún comentario:
Publicar un comentario