29 de marzo de 2020

A CASA DA MOSCA CHOSCA

Hoxe vos propoñemos un conto popular ruso adaptado ao galego por Eva Mejuto con ilustracións de Sergio Mora, A casa da mosca chosca.


Engadimos tamén esta proposta de actividades a partir deste simpático conto:

  1. No conto a protagonista, a mosca, fai a súa casiña. Imaxinades un país con casiñas de mosca? Debuxádeo!!. Podedes construír un par de casiñas cunhas caixas pequenas…
  2.  A mosca Chosca prepara unha rica merenda para invitar aos seus amigos. Como prepararías ti unha rica merenda para invitar aos teus amigos? Podemos debuxalo, escribilo…ou mellor, preparala e merendar todos os que estades na casa!!
  3. No conto cada visita fai a súa presentación de xeito simpático utilizando a rima, Imaxina que podes ir a merendar coa mosca Chosca, como te presentarías? Fai unha rima simpática co teu nome.
  4. As personaxes do conto son moi simpática, proba a debuxar os sete comensales…despois usarémonos para outra actividade.
  5. Actividades lóxico-matemáticas:
  • Fabrica unha tarta con pezas de construcción, e tenta repartila de xeito equitativo entre sete pratos…
  • Unha vez que a tes repartida, xunta nun mesmo prato a porción doutro prato…Compara as construccións que hai entre o prato que acabas de encher e outro prato que só tiña a porción que repartiches ao principio. Canto hai? O dobre?, e no prato con menos tarta… a metade?
  • A mosca Chosca preparou sete banquetas. Ordea as personaxes que fixeches antes, do primeiro que apareceu ao último. Escribe o ordinal correspondente debaixo.
Un saúdo 

#euquedonacasa.





Ningún comentario:

Publicar un comentario