16 de decembro de 2021

PACES de Barro

No marco do Pacto das Alcaldías Polo Clima da Comisión Europea, do que forma parte o Concello de Barro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nunhas xornadas divulgativas sobre o Cambio Climático, desenvolvidas por Celtia Traviesas na Biblioteca do noso centro.

Celtia explicou o Plan de Acción polo Clima e Enerxía Sostible (PACES) de Barro e recolleu as inquedanzas e sensibilidades das mozas e mozos mediante unha "chuvia de ideas".

Posteriormente, o alumnado elaborou nas súas respectivas aulas, uns cartaces con propostas concretas centradas en diferentes ámbitos (xestión de residuos, enerxía, consumo...).

As propostas foron presentadas ao alcalde, onte (6º de Primaria) e hoxe (5º de Primaria), nuns encontros mantidos no Salón de Plenos do Concello.

As aportacións recibidas serán incorporadas, na medida do posible e logo da supervisión do equipo de Goberno, a un documento técnico que recolle as accións de adaptación e mitigación que levará a cabo o Concello de Barro nos próximos anos.

Moitísimas grazas polas magníficas recepcións!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario