28 de setembro de 2023

CONCERTOS DIDÁCTICOS

Moito gozaron hoxe as nosas nenas e nenos de Primaria cos fantásticos concertos didácticos ofrecidos por integrantes da EMBA (Escola de Música de Barro), baixo a maxistral guía de Pedro Torres, director da Banda de Música Xuvenil de Barro.

Alumnado e ex alumnado do noso centro participou nas xeniais interpretacións de coñecidos temas musicais, que o director intercalou sabiamente con animadas explicacións das familias instrumentais.

Como premio á fantástica participación do público, que demostrou unha vez máis saber estar en silencio e escoitar con moita atención, o alumnado tivo a oportunidade marabillosa de probar os instrumentos que quixeron. Pena que non houbera máis tempo para facelo, porque a experiencia foi un exitazo.

Pasámolo xenial!!!

Bravissimo!!!

Moito talento musical hai en Barro!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario