28 de novembro de 2024

3D, DÍA DAS PERSONAS CON DISCAPACIDADE

Como cada ano, o 3 de Decembro conmemora o Día Internacional das persoas con Discapacidade, coñecido tamén como Día da Diversidade Funcional.

 

Este ano confeccionamos un mural colaborativo a partir do conto "Diferentes no voo, pero co mismo dereito a voar", un dos recursos propostos no cartaz elaborado para esta data que inclúe ademais  curtametraxes e recomendacións lectoras moi diversas para todas as idades.


3D_Día da Diversidade de Cole de Barro

25 de novembro de 2024

25N 2024

 Na mañá de hoxe, autoridades municipais e comunidades educativas do CEIP Amor Ruibal e da EEI de Curro reunímonos diante do edificio do Concello para reivindicar e rexeitar o fin de todo tipo de violencia contra as mulleres. 

Este ano fixémolo ao son da canción "Cruel filosofía" da Banda da Loba e Tomé Mouriño que está composta a partir de tres poemas da autora homenaxeada nas Letras Galegas, Luisa Villalta.

 Cruel filosofía: florecer nas espiñas!



Nas últimas semanas desenvolvéronse diversas actividades de concienciación e reflexión sobre a violencia contra as mulleres e ademais participamos no Concurso convocado polo Concello de deseño de logo e lema para a conmemoración do 25N.

 


 

O deseño gañador é resultado da fusión do logo e dous lemas, traballos presentados por dous equipos da aula de 5ºA de Primaria, integrados por Mateo Corredoira, Mauro Fontán, Sara Landín, Sheila Rivas, Teo Orge, Fiz Rea, Leo Torres e Lucas Vila.

 Este ano o xurado decideu conceder ademais tres accesits a outras tres obras:

- Iván Gago de 6º A

- O equipo formado por Candela Buceta e Gabriel Coya de 6ºA

- Obra colectiva do alumnado de 6ºB de Primaria.

 Moitísimos parabéns a todos e todas!!

Como agasallo pola nosa participación, todo o alumnado e profesorado dos dous centros recibimos unha mochila co logo e lema conmemorativo.


Moitísimas grazas a todas as persoas e entidades colaboradoras!

Graciñas especiais ao alumnado de 6º de Primaria que serviron de guía para todas as persoas asistentes.


15 de novembro de 2024

APETITOSAS MAZÁS

Moitísimas grazas á ANPA do CEIP Amor Ruibal polas apetitosas mazás coas que agasallaron a todo o alumnado do noso centro.

Mens sana in corpore sano



Moitísimos Parabéns pola iniciativa!!!



13 de novembro de 2024

O NOSO MAGOSTO

 Na soleada mañá do pasado venres, tivo lugar a celebración do Magosto.

Unha intensísima xornada chea de xogos distribuidos por todo o patio ademais do ximnasio e das aulas de inglés e música, e na que o alumnado de Infantil e de Primaria participou con moito gozo e ilusión.

Podedes seguir o percorrido que fixeron nesta mostra fotográfica:















Durante a "Hora de ler" fixemos unha gran roda no patio para cantar "O noso magosto" e a continuación degustamos unhas saborosísimas castañas asadas con moito agarimo para todos e todas nós.






Moitísimas grazas familias pola vosa colaboración!

Moitísimas grazas ás familias que asaron as castañas!