8 de marzo de 2025

CANTAREIRAS, CONTADA POLA IGUALDADE

 Esta semana todo o alumnado do centro gozou dunha contada moi especial a cargo do colectivo Polo Correo Do Vento. Esta actividade está promovida polos Servizos Sociais do Concello de Barro dentro do Programa do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

En catro sesións, unha para cada un dos ciclos educativos do centro, escoitamos a Carlos Taboada como emocionado contacontos,  Alba Faro e Marcelo Dobode entusiastas "cantareiras" e acompañados de Tania Solla coas súas magníficas ilustracións.

 

 Interesantísimas e constructivas xornadas!

Moitísimas grazas!


8M, Día da Muller

 Para conmemorar esta data, e baixo o lema "8M SEMPRE" todo o alumnado de Infantil colaborou para crear este magnífico mural que estará pendurado na porta principal do edificio do Concello.

O lema vai acompañado de ilustracións que reflicten mulleres traballadoras en campos que adoitaban ser masculinos.


 

 Moitas grazas artistas!

Feliz Día da Muller!

3 de marzo de 2025

ENTROIDO ... DE CINE

Ao longo desta semana e como vén sendo costume no centro, MIMI, a mascota da Biblioteca, presentou diariamente os mandados que seguimos con moita ilusión.



O mandado do xoves facía alusión ao noso PDI "Cine de Barro" e por esta razón cada ciclo ou nivel caracterizouse seguindo a temática do mesmo. Ese día fixemos un pequeno desfile desde o centro ata a explanada diante do pavillón, onde nos agardaban familiares para acompañar o noso percorrido.

 








Chegado o venres, puidemos gozar novamente cun desfile, baile e moitísima ilusión por mostrar os nosos disfraces favoritos.


 










FELIZ ENTROIDO!

Moitísimas grazas pola vosa colaboración! 

 

CORRIDA DO GALO

 Estas últimas semanas e condicionadas polas inclemencias do tempo atmosférico, desenvolvéronse no centro as xornadas de demostración da "Corrida do galo" organizadas polo Concello de Barro a través da OMIX. O alumnado de Primaria gozou nas sesións de EF coa participación neste xogo tradicional que se celebra cada ano nas distintas parroquias do concello.

 O xogo consiste en bater, cos ollos tapados, nunha ristra de laranxas bravas ensertadas nunha vara de vimbio ata tiralas todas.

 

Un magnífico xogo cooperativo!