Con motivo do Día
das Bibliotecas, todo o alumnado do cole visitamos a Biblioteca
Pública. Alí nos agardaban os avós e as avoas de Barro para
contarnos preciosas historias e experiencias de vida que, de seguro,
nos acompañarán sempre. Ademais, os e as maiores do centro contribuímos, coas nosas achegas, a como mellorar a biblioteca do noso concello.
Moitas grazas por converter esta actividade nunha fermosa tradición!!




