9 de maio de 2014

E na VI edición gañou ...

Xa está resolta a segunda fase do proxecto. O alumnado de 5º curso presentou na biblioteca do cole o resultado da súa investigación.
Ofrecemos un video-resumo do proceso de exposición de candidatos, das votacións, do escrutinio, e ... o candidato gañador deste ano descubrirédelo ahí tamén.
Agardamos que vos guste.



Un saúdo.
MIMI.

8 de maio de 2014

Candidatos VI Premio MIMI ao Persoeiro do Ano.

Por sexto ano, o alumnado de 5º curso de Primaria, responsable do proxecto interdisciplinar que finaliza coa entrega do Premio MIMI, nos presentou aos candidatos desta edición e sobre os que investigaron:

Por vez primeira e con moito pesar pola nosa parte, sucedeu que quedaron fóra de concurso dúas candidaturas :
  •    Os deportistas pontevedreses ANTÓN PAZ BLANCO (vela) e JUAN SAAVEDRA (tiro) propostos pola ANPA do colexio por non cumplir os requisitos indicados nas bases do concurso.
  •    "ASOCIACIÓN CULTURAL BAROSA" proposta polo blogue "Novas de Barro" por recibir a candidatura "fóra de plazo" e non poder cubrir a investigación por parte do alumnado. 
Gracias a todos os que tan xenerosamente participades ano a ano con nós no desenvolvemento deste proxecto.
Un saúdo.
MIMI.

O neno e a estrela.

Presentamos este fermoso conto sobre a infancia do autor homenaxeado nas letras este ano, Xosé Mª Díaz Castro. Achéganos á figura do autor, da súa vida e obra.



Se queres ler o libro na pantalla preme no seguinte enlace:

O neno e a estrela.



Unha publicación dixital con licencia creative commons que podemos atopar tamén en papel editado por Fabaloba edicións.

Un saúdo
MIMI





7 de maio de 2014

Abril de libros.

Baixo este epígrafe presentamos as diferentes actividades que se desenvolveron no colexio ao longo do mes de abril para comemorar o día do libro.
  • Un obradoio de papiroflexia, no que aprendimos como facer uns marcapáxinas moi orixinais. Primeiro na biblio e logo cos compañeiros na clase.
  • Visitounos o contacontos e autor teatral Inacio Vilariño.
  • Fixemos nós de contacontos, na actividade de "contacontos interciclos" na que todos os cursos contamos e escoitamos contos.
  • Recomendamos lecturas. Falamos dos contos e libros que máis nos gustan.
Ollade o resumo no seguinte video.
Un saúdo.
MIMI.

8 de abril de 2014

Os Contos que contan

Desde a Biblioteca Pública e a OMIX de Barro chéganos a convocatoria do concurso anual de contos "Os contos que contan". Este ano leva por título "Contame un conto veciño" e está convocado polos concellos de Barro e Portas.
Para informarte das bases do concurso clica no seguinte enlace:

BASES DO CONCURSO "Conta un conto veciño"

Bótalle ganas, moita imaxinación, e...  participa co ilusión!
Un saúdo.
MIMI.





13 de febreiro de 2014

Cámbiocho por un conto.

Un ano máis tivo lugar na biblioteca esta actividade na que o alumnado de Primaria agasallou á biblioteca coas súas creacións a cambio dun conto.
Presentaremos, nas seguintes entradas, algunhas das súas fermosas creacións.
Este ano o proxecto e obradoiro de lecto-escritura xira en torno á obra de Fina Casalderrey  "ÁS DE MOSCA PARA ANXO".

Grazas a este proxecto temos unha nova amiga na biblioteca ... o seu nome ...

Un saúdo.
MIMI

ÁS DE MOSCA PARA ANXO.

Manuel Uhía
www.finacasalderrey.com
Fina Casalderrey

Este é o título da obra que este curso escolar estamos lendo como partida do noso proxecto de lecto-escritura: "Escribir e ler para ser competentes" e do que iremos amosando as producións feitas nas aulas.

"Ás de mosca para Anxo" é unha obra da escritora Fina Casalderrey e ilustrada por Manuel Uhía.
Un saúdo.
MIMI.

12 de febreiro, Nenos e nenas soldado.

Tal e como vos anticipamos na entrada anterior, celebramos no colexio a comemoración desta data traballando nas aulas coa letra da canción "A ronda do soldadinho" que danzamos todos no ximnasio.
Podedes ver o vídeo a continuación.




Un saúdo.
MIMI.

5 de febreiro de 2014

Contra a utilización dos nenos e nenas soldado.

Estamos a comemorar este ano o Día da Paz dun xeito diferente.
Nestes días imos traballar polo Día Interncional contra a Utilización dos Nenos e Nenas Soldado que se comemora o día 12 de febreiro.

Con tal motivo estamos aprendendo a letra da canción "A RONDA DO SOLDADINHO"  na fermosa versión que fixo a cantante portuguesa ISABEL SILVESTRE do célebre tema composto polo cantautor JOSÉ MÁRIO BRANCO.

Podedes ver  AQUÍ  ao alumnado de 6º curso de Primaria que danza e canta esta canción mentras que AQUÍ atoparedes aos máis cativos (Educción infantil).

 O alumnado de educación infantil decorou os corredores coas sús propostas para a Paz. Temos unha pequena mostra nos vídeos que AQUÍ vos deixamos e que aparecen no seu blog.

Un saúdo.
MIMI.

O soldadiño de chumbo.

Nestes días traballaremos na biblioteca a historia de "O soldadiño de chumbo". Deixámosvos esta fermosa e premiada curtametraxe producida por Continental Animación e Algarabía e dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde.




Un saúdo.
MIMI.