25 de xaneiro de 2015

Recibimos un agasallo.

Nunha entrada anterior informamos da visita ao noso centro do popular pintor da nosa terra Manuel Ruibal. O alumnado do 3º ciclo recibíuno despois de ter investigado sobre a súa obra no primeiro trimestre.
O que vos queremos amosar hoxe é o agasallo que recibimos hai uns días no colexio. Trátase dunha pintura dedicada e asinada por el para a biblioteca do noso centro e que xa ocupa un lugar destacado nela.
MOITÍSIMAS GRAZAS !!

Un saúdo.
MIMI.

14 de xaneiro de 2015

VII Concurso Microtextos "terras do Umia"


Convócase por séptimo ano o Concurso de Microtextos no que poderá participar toda a comunidade educativa dos centros  que integran a Coordinadora Comarcal “Terras do Umia” dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas.
Cartaz elaborado por alumnas do IES Alfonso VII, Caldas.

Bases do concurso:

  • Sección de Microrrelatos: O texto presentado debe de ser en galego e non conter máis de 100 palabras.
  • Sección de Micropoemas: O texto presentado debe constar dun mínimo de dous versos e un máximo de catro.
  • Poderase participar nunha sección ou nas dúas.
  • Cada persoa só poderá enviar un texto para cada sección.
  • A temática será libre, mais debe aparecer necesariamente a palabra “CINCOCENTAS”.
  • No texto presentado debe constar nome e apelidos, curso, centro escolar, e categoría á que pertence @ participante.
  • O prazo límite para enviar os textos será o venres, 6 de febreiro de 2015
  • Deberán entregarse na biblioteca do centro ou ben á coordinadora do EDNL antes do 2 de febreiro de 2015.

Categorías:

    • A :      Infantil
    • B.1 :    1º ciclo de primaria.
    • B.2 :   2º ciclo de primaria.
    • B.3 :   3º ciclo de primaria
    • C :     Secundaria
    • D :     Bacharelato.
    • E :     Profesorado, persoal non docente e familias.

Premios:

Un xurado elixido polos coordinadores/as dos Equipos de Dinamización da lingua galega dos distintos centros participantes, concederá un premio comarcal por categoría. Valorarase a orixinalidade e creatividade, así como a calidade lingüística e literaria. 
Os ENDLG poderán conceder premios aos finalistas dos seus centros.
Os traballos premiados en todas as categorías, así como os finalistas dos distintos centros, serán expostos nas rúas dos Concellos participantes co nome do autor e do centro, dentro da programación cultural dos respectivos concellos. Tamén aparecerán nos blogs e páxinas webs dos centros educativos participantes, así como nas respectivas revistas escolares.


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR !!
Un saúdo.
MIMI.  

20 de decembro de 2014

POSTAIS DE NADAL 2014

Amosamos as postais gañadoras e finalistas da categoría de Educación Primaria do concurso convocado polo Concello de Barro.
Convidamos a que as vexades todas na exposición que se fará no Pabillón Municipal co gallo da Cabalgata de Reis, momento no que se fará entrega de agasallos aos gañadores.
Desde a Biblioteca do centro, queremos desexar un BO NADAL e FELICES FESTAS a toda a comunidade educativa do CEIP Amor Ruibal.




Un saúdo.
MIMI.

19 de decembro de 2014

As nosas recomendacións.

Estas son as nosas recomendacións de lectura para este Nadal. Animádevos a incluir algún destes libros nas vosas cartas aos Reis Magos.



Un saúdo
MIMI

Pequenos Grandes Científicos.

O alumnado de 3º curso de Primaria levou adiante varios Proxectos de Ciencias no 1º Trimestre. Botade un ollo ao seu blog premendo nos enlaces para saber do seu traballo.
En xaneiro terémolos na Biblioteca para amosarnos a tod@s sobre a súa labor.


VOLCÁN

MOCO VERDE

ROBOT "PHILAE"

NORABOA A TOD@S POR ESTE GRAN TRABALLO !!
Un saúdo.
MIMI.


18 de decembro de 2014

Visita de MANOLO RUIBAL.

O  pasado día 12 de Decembro visitou o noso centro Manolo Ruibal. Escultor, pintor, artista polifacético da nosa terra e de recoñecemento internacional.
O alumnado do 3º ciclo de Primaria recibíuno na Biblioteca do noso centro onde lle tiñan preparada unha pequena exposición coas "obras" que eles mesmos elaboraran na clase de Plástica.

http://amorruibaltercerciclo.blogspot.com.es/search/label/MANOLO%20RUIBAL

Deixamos constancia cunha fotografía da visita (se clicades nela, enlaza coas tarefas do 3º ciclo relacionadas coa mesma) e a dedicatoria que deixou no libro de visitas da nosa Biblioteca.
Autógrafo Manuel Ruibal para o CEIP Amor Ruibal.
Un saúdo.
MIMI.

17 de decembro de 2014

Espantallo amigo.

Ao longo deste 1º Trimestre o Proxecto de lectoescritura no que traballou todo o alumnado do centro foi con esta obra de Xosé Neira Vilas, Espantallo amigo.

O alumnado leu, comentou, ilustrou e escribíu a súa propia versión deste clásico. Iremos amosando a través dos blogs dos distintos ciclos unha pequena mostra do resultado.

Cubertas da 3ª Edición, ano 1979
Deixamos os enlaces a continuación:

ED. INFANTIL

1º CICLO.

2º CICLO.

3º CICLO.


Un saúdo.
MIMI.

29 de novembro de 2014

MAGOSTO

O pasado 10 de novembro celebramos no noso cole a festa do Magosto. José e Isabel (pais de alumnos do centro) estiveron asando castañas para tod@s nós. Cantamos a canción do Magosto, fixemos actividades diversas coa temática da castaña e preparámonos para a celebración dos xogos populares. Por mor do mal tempo tivemos que cambiar a programación das actividades do día e non puidemos salir ao exterior, pero participamos igualmente nos xogos que tiveron lugar nos patios cubertos, aula de audiovisuais, ximnasio e corredores do centro.
Podedes mirar como gozamos do día nos vídeos que preparamos coas actividades de E.Infantil e as de E. Primaria.
Un saúdo.
MIMI.





27 de outubro de 2014

SAMAÍN

Chega o tempo do Samaín, no noso centro estamos preparando cancións nas clases de música e de lingua inglesa. Coas nosas titoras estamos tamén investigando e buscando as raíces desta celebración que nos gusta tanto. Ide tomando nota con este sinxelo vídeo.




Ide preparando todo, en breve teremos "Os contacontos e a exposición de medo"
Un saúdo.
MIMI

12 de outubro de 2014

Axudantes de biblioteca.

Esta semana iniciamos a formación de ususarios cos axudantes da biblioteca. O alumnado de 5º e 6º curso de Primaria colabora dende hai dous cursos nalgunha das tarefas da biblioteca.


O alumnado de 6º curso, xa comprometido coa súa tarefa, comezou o seu labor recolocando e ordenando os documentos da sección de información.
Uns expertos xa nestas tarefas !
Mirade que ben o fan!


O alumnado de 5º curso, moi interesado en participar, prepárase para asumir o seu compromiso escoitando cales serán as tarefas a realizar si así o deciden.
Podedes ler a continuación a guía de axudantes sobre a que falaron e que deben asinar os que deciden comprometerse.


Ánimo a todos e todas!  Espéranos moito traballo e moitas experiencias xuntos na biblioteca!
Un saúdo.
MIMI.