25 de febreiro de 2019

Concursos de Microcreacións e Microtextos "Terras do Umia"

Coordinadora Comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega "Terras do Umia" convoca novas edicións dos Concursos de Microcreacións Microtextos para este curso 2018-19.
Poden participar todos os centros educativos, integrantes na Coordinadora, dos Concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas.

CONCURSO DE MICROTEXTOS:

Consta de dúas seccións: Microrrelatos Micropoemas.

Categorías
B.1: 1º e 2º de Ed. Primaria.
B.2: 3º e 4º de Ed. Primaria.
B.3: 5º e 6º de Ed. Primaria.
C: ESO  /  D: Bacharelato. 
E: Profesorado, Persoal de Servizos e Familias.

Bases: Pódese participar nunha sección ou nas dúas.
Cada persoa só poderá enviar un texto para cada sección.
A temática é libre, mais debe aparecer necesariamente a palabra NOBELO.

Presentación: Os Microtextos deben ser en galego. Os Micropoemas constarán dun mínimo de 2 versos e un máximo de 8 e os Microrrelatos non terán máis de 100 palabras.
Prazo máximo no CEIP Amor Ruibal de Barro: venres 8 de marzo de 2019.

Xurado: Nunha primeira fase, o xurado, formado polas persoas coordinadoras dos EDLG dos centros participantes, seleccionará dous finalistas por cada sección e categoría. 
Nunha segunda fase, un xurado, presidido pola escritora e actriz María Lado, concederá un premio comarcal por cada sección e categoría.
Valorarase a orixinalidade e creatividade, así como a calidade lingüística e literaria.


CONCURSO DE MICROCREACIÓNS:

Categoría: Ed. Infantil.

Bases: Creación plástica con texto en galego no que apareza a palabra NOBELO.
Pode ser individual ou colectiva.
Cada centro pode presentar ata 3 traballos.
O formato é libre: Murais, cadros, fotografías, cartaces... de diferentes tamaños.

Presentación: O resultado final presentarase en formato JPEG ou PDF. Poden ser varias fotos no caso de despregables.
Prazo máximo no CEIP Amor Ruibal de Barro: mércores 20 de marzo de 2019.

Xurado: Estará formado polas persoas coordinadoras dos EDLG dos centros participantes e pola artista plástica Iria Ribadomar do selo Deica!, que elexirán un gañador comarcal.

Os finalistas de cada centro poderán ser expostos na Festa da Lingua.
Valorarase a orixinalidade, creatividade e calidade artística.


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR !



24 de febreiro de 2019

Día de Rosalía 2019

A celebración do Día de Rosalía ten cousas marabillosas... como que Felipe Rea e Inés Tilve, pai e nai do noso alumno Fiz, se acheguen ata o centro para partillar con nós a `Alborada´ para Rosalía. Sumámonos así ao chamamento conxunto da Fundación Rosalía de Castro e a Asociación de Gaiteiros Galegos para homenaxear á xenial autora no día do seu aniversario.



Moitísimas grazas, Felipe!!!

Moitísimas grazas, Inés!!!

O acto serveu de magnífico colofón ás actividades de lectoescritura, oralidade e musicais desenvolvidas en todas as aulas sobre a vida e obra de Rosalía e, máis en concreto, sobre a súa `Alborada´ que todo o alumnado tan ben recitou, como podedes ver no vídeo recollido na entrada anterior:


22 de febreiro de 2019

Alborada de Rosalía de Castro

O domingo, 24 de febreiro, é o Día de Rosalía pois conmemoramos o 182 aniversario do nacemento da grandísima Rosalía de Castro. Con tal motivo, no noso centro achegámonos á súa vida e obra, con atención especial á alegre `Alborada´, penúltimo poema do seu libro Cantares Gallegos, en resposta ao chamamento conxunto da Fundación Rosalía e a Asociación de Gaiteiros Galegos para homenaxear este ano á nosa autora máis universal.

No seguinte vídeo podedes escoitar a Alborada de Rosalía na voz do noso alumnado.

"...Arriba todas, rapaciñas do lugar!...
Arriba, toleirona mocidade!,
que aturuxaremos-cantaremos o 
ala...lá...!!!"


21 de febreiro de 2019

Corrida do galo 2019

O Concello de Barro, a través da OMIX e coa colaboración do profesorado de Eucación Física, organizou para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria unhas xornadas de demostración deste divertido xogo tradicional de Entroido.


15 de febreiro de 2019

Recordos botánicos na lingua nai












Alumnado de Primaria visitou, no Salón de Actos da Biblioteca Pública, a magnífica exposición `Recordos botánicos na lingua nai´ organizada polo Concello de Barro coa colaboración de veciñanza, profesorado do IES de Barro, alumnado do IES de Barro (debuxantes), Carmen Salinero (da Estación Fitopatolóxica Areeiro) e José Manuel Mosquera Cordo (autor das fotografías).


A inauguración (o pasado mércores 13) correu a cargo do alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes. O acto contou coa presenza do tenente de alcalde, José Sanmartín, a responsable da Biblioteca, Pili Álvarez, as veciñas Sofía Solla, Elena Solla e Amelia Cancela, o veciño Manuel Nieto e alumnado e profesorado de 6º de Primaria do CEIP Amor Ruibal.

No día de hoxe, tocoulle o turno a alumnado e profesorado de 4º e 5º de Primaria, que escoitou atentamente as intervencións do veciño Celso García e das veciñas Elena Landín, Adorinda García, Mª Carmen Rey e Maruja Outón.












Estas veciñas e veciños partillaron con nós recordos na lingua nai ligados ás súas vivencias con diversas plantas curativas de recoñecidas propiedades terapéuticas, incluso culinarias. Puidemos ver, ulir e tocar algunhas desas plantas, ler información sobre elas e contemplar os bonitos debuxos do alumnado de Secundaria.

A verdade é que foi unha experiencia que espertou moito interese, curiosidade e admiración pola sabedoría de tantas persoas maiores como as que nos acompañaron que, no seu tempo, tan ben practicaban o autoconsumo, a sostenibilidade e a ecoloxía, conceptos que agora están moi de moda pero que, como puidemos comprobar, non son nada novos.

Un exemplo a seguir!

Moitísimas grazas!!!

Moitísimos Parabéns!!!

2 de febreiro de 2019

Día da Paz, 2019

Para conmemorar o Día Escolar da Paz convidamos ás autoridades municipais e familias a participar con nós dos actos que celebramos no ximnasio do centro.
Por cuestión de espazo, tivemos que organizar por separado a concentración de Infantil e a de Primaria, a pesar de que ambas tiveron como fío conductor a canción "IMAGINE" de Jonh Lennon e Yoko Ono.
Fíxose lectura nas aulas do libro bilingüe (español - inglés) " Imagine" editado por Flamboyant e traballamos en todos os niveis do centro os seus versos traducidos ao galego. O resultado quedou recollido nun vídeo nunha entrada anterior.

Neste vídeo resumo recollemos o acto e actividades de Primaria.



O alumnado de Infantil preparou, pola súa banda, a danza italiana titulada "Sete Gesti" que expresa con xestos e movemento a felicidade que nos produce a boa relación cos demais.

Neste vídeo resumo recóllense as actividades de Infantil.



e máis información no seu blog: PEQUECHOLANDIA

Feliz Día da Paz tódolos días do ano!
Grazas a todas as persoas que participástedes con nós!!


30 de xaneiro de 2019

"IMAXINA"

A canción elexida para a conmemoración do Día escolar pola Paz este curso foi "Imagine" de John Lennon e Yoko Ono. A partir da letra da mesma fixemos unha tradución ao galego e cada aula elaborou uns coloridos cartaces e recitou os versos asignados.
Recollemos este traballo no vídeo que amosamos a continuación, coa melodía da canción orixinal como fondo.



Magnífico traballo, artistas!!!

IMAXINA PAZ!!!

28 de xaneiro de 2019

IMAXINA PAZ !


O clan de Martiño

Todo o alumnado de Primaria gozou hoxe, na Biblioteca do centro, da presentación do libro `O clan de Martiño´ editado pola Deputación de Pontevedra e promovido polo Concello de Barro, no que se conta a historia de Barro dende o Paleolítico ata a actualidade dun xeito moi ameno e didáctico.

Participaron no acto o alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, Roberto Rivas, concelleiro de Cultura de Barro e autor do guión, Iván Bello, ex alumno do centro e autor do texto e Ana Seoane, autora das ilustracións.












O alumnado, que amosou moito interese e curiosidade, foi agasallado con cadanseu exemplar para utilizalo como unha ferramenta básica e fundamental no estudo da Historia.












Ao finalizar o acto, Ana, Roberto e Iván deixaron as súas pegadas no `Libro de Honra´ da nosa Biblioteca e brindaron con MIMI, a mascota, por unhas felices e fructíferas lecturas.

             


Moitísimas grazas ! ! !

19 de xaneiro de 2019

VII Certame de Relato Curto da FANPA


FANPA (Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra) e a Editorial Kalandraka, coa colaboración do Concello e Deputación de Pontevedra, o ilustrador Ramón Trigo e outras entidades, convocan o VII Certame de Relato Curto dirixido a toda a comunidade educativa (alumnado, docentes e familias).
O concurso estabelece 4 categorías: 
Alumnado de Primaria
Alumnado de Secundaria
Alumnado de Bacharelato/Formación Profesional
Adultos




O prazo de entrega dos traballos estará aberto ata o día 28 de febreiro de 2019.

PARA PARTICIPAR:
Envía a túa participación a:  certame.relatocurto@nontedurmas.org

Este correo electrónico conterá dous arquivos/ficheiros:

1. Denominado DATOS (este arquivo é para a organización) no que figurará o relato completo e os seguintes datos do/a participante:
• o pseudónimo utilizado
• o nome e apelidos do autor/a
• o curso do alumno/a
• o centro escolar onde estuda o alumno/a
• o correo electrónico persoal
• o teléfono persoal
• o relato
2. Denominado RELATO (este arquivo é para o xurado) no que figurará:
• o título do relato
• o relato
• o pseudónimo utilizado
• a categoría (primaria, secundaria, bacharelato/formación profesional ou adultos).

Consulta, premendo a continuación, as BASES DO CERTAME.

ANÍMATE  E . . .  PARTICIPA !