A celebración do Día de Rosalía ten cousas marabillosas... como que Felipe Rea e Inés Tilve, pai e nai do noso alumno Fiz, se acheguen ata o centro para partillar con nós a `Alborada´ para Rosalía. Sumámonos así ao chamamento conxunto da Fundación Rosalía de Castro e a Asociación de Gaiteiros Galegos para homenaxear á xenial autora no día do seu aniversario.
Moitísimas grazas, Felipe!!!
Moitísimas grazas, Inés!!!
O acto serveu de magnífico colofón ás actividades de lectoescritura, oralidade e musicais desenvolvidas en todas as aulas sobre a vida e obra de Rosalía e, máis en concreto, sobre a súa `Alborada´ que todo o alumnado tan ben recitou, como podedes ver no vídeo recollido na entrada anterior:
Ningún comentario:
Publicar un comentario