17 de maio de 2023
16 de maio de 2023
RESOLUCIÓN DO CONCURSO "AS VERBAS QUE CONTAN 2023"
O Concello de Barro, ao través da OMIX, vén de publicar a resolución do concurso AS VERBAS QUE CONTAN 2023 convocado no marco da conmemoración das Letras Galegas e que contou cunha altísima participación, coa aportación de obras de grandísima orixinalidade e calidade.
A relación das obras gañadoras e finalistas do alumnado do noso centro é a seguinte:
CONTOS
- Categoría 1º e 2º de Primaria
- Categoría 3º e 4º de Primaria
- Categoría 5º e 6º de Primaria
- Categoría 3º e 4º de Primaria
- Categoría 5º e 6º de Primaria
9 de maio de 2023
DÍA DE EUROPA 2023
Magníficos concertos ofrecidos hoxe por alumnado de 6º de Primaria para celebrar o Día de Europa.
Como non podía ser doutro xeito, interpretaron (dúas veces por necesidades de espazo) o Himno de Europa (Himno á Alegría), que é o final da 9ª Sinfonía de Beethoven, composta hai douscentos anos.
Os concertos arrancaron cálidos, longos e entusiastas aplausos de toda a audiencia que seguiu con grandísima atención as brillantes interpretacións.
Ademais, as mozas e mozos de 6º crearon tamén un vistoso mural que serviu de telón de fondo, así como unhas simpáticas gafas que puxeron a disposición de todo o alumnado do centro para facer unhas bonitas fotos de recordo deste día no que pedimos liberdade, paz e solidariedade para todos os países europeos.
MOITÍSIMOS PARABÉNS!!!
FELIZ DÍA DE EUROPA!!!
4 de maio de 2023
LÚA QUERE VIAXAR... A MARTE!!!
Todo o alumnado do CEIP Amor Ruibal recibiu hoxe a Celtia Figueiras de A Xanela do Maxín para presentar (en catro pases adaptados ás idades das nenas e nenos) o seu fantástico espectáculo Lúa quere viaxar... a Marte!!!
A maioría do alumnado de Primaria xa coñecía a Celtia pois estivo hai dous anos cos seus monicreques para contármonos U-la Lúa?
Neste novo encontro, Lúa volveu facer as delicias de todas e todos cunha nova aventura que xira arredor dos valores do esforzo, a igualdade e a perseverancia.
Grandísimo pracer, Celtia!!!
Moitísimas grazas!!!
3 de maio de 2023
SEMANA DO LIBRO NA BIBLIOTECA PÚBLICA
Marabillosa participación de todo o alumnado de Infantil e Primaria na Semana do Libro desenvolvida na Biblioteca Pública de Barro no marco da conmemoración do Día do Libro 2023, con divertidas actividades para o manexo de fontes de información e obras de consulta, fascinantes sesións de contacontos, entretidos xogos de lectoescritura en pequenos grupos, xincanas literarias adaptadas ás idades do alumnado e, sobre todo, moita imaxinación, ilusión e ganas de provocar nas nenas e nenos o entusiasmo pola lectura.
Moitísimas grazas!!!



































