21 de febreiro de 2025

DÍA DE ROSALÍA

 Para celebrar o Día de Rosalía que terá lugar o 23 de febreiro, día do seu nacemento, desenvolvemos ao longo desta semana unha morea de actividades de investigación, lectoescritura, oralidade, plásticas e musicais.

Este ano creamos dous grandes murais colaborativos coas aportacións de todo o alumnado do centro, tomando como referencia á polifacética artista xaponesa Yayoi Kusama e imitando a súa característica obra chea de lunares.

 

Quedaron moi lucidos!

Moitísimas grazas pola vosa colaboración! 

 


15 de febreiro de 2025

DELICIOSAS PERAS

O noso alumnado degustou na mañá do venres unhas peras que estaban a mar de deliciosas, cortesía, unha vez máis, da ANPA Amor Ruibal.


 

Moitísimas grazas!!!

Moitísimos Parabéns pola iniciativa!!!


14 de febreiro de 2025

14-F Día do amor e a amizade

 Nos últimos anos ás nenas e aos nenos gústanos celebrar, cada vez máis, esta data. No cole decidimos conmemorala decorando unhas fermosas palabras que teñen que ver co amor dende todos os eidos: familia, amizade, compañeirismo...contorna en xeral.  (Queremos agradecer o uso deste material á profe Inma da páxina de Instagram a Profe Inne.)

 

 
 
 

 
          Así de fermoso loce un dos corredores do cole!!!

4 de febreiro de 2025

INVENTORAS CON MENTES CURIOSAS

 No marco da conmemoración do Día da Muller e a Nena na Ciencia que ten lugar cada ano o 11 de febreiro, hoxe visitou a Biblioteca do noso centro Celtia Figueiras para impartir unhas intensas e interesantísimas sesións de contacontos a todo o alumnado de Infantil e Primaria baixo o título: "Inventoras, mentes curiosas". Esta actividade está promovida polos Servizos Sociais do Concello de Barro e forma parte do Programa do Pacto de Estado pola Igualdade.

Nesta actividade a rapazada coñeceu moitos inventos de grande utilidade para a vida diaria así como ás súas inventoras, moitas veces descoñecidas ou esquecidas. Tamén tiveron a oportunidade de pensar en inventos que crearían ou mellorarían, e abofé que apareceron ideas moi interesantes.

Defende o teu dereito a pensar, 

porque pensar de xeito erróneo é mellor que non pensar!  

(Hipatia de Alejandría)




Unha gozosa e moi instructiva mañá!

Moitísimas grazas!


31 de xaneiro de 2025

DÍA DA PAZ 2025

Ao longo desta semana, para conmemorar o Día da Paz e o Día da Ilustración (ambos o día 30 de xaneiro) todo o alumnado desenvolveu actividades moi variadas de investigación, lectoescritura, musicais e plásticas que lles permitiron reflexionar sobre os valores da non violencia, o amor, a solidariedade, a cooperación, o compañeirismo e non a discriminación ou o egoísmo. Todos eles valores e actitudes que debemos ter en conta para resolver conflitos e acadar unha convivencia pacífica.

Este ano, e dado que o noso PDI é "Cine de Barro" empregamos curtametraxes, películas e videoclips para desenvolver o noso traballo. Podedes miralos a continuación premendo nos títulos:


El erizo (Infantil, 1º e 2º de EP)

For the birds Os paxaros (1º, 2º, 3º e 4º de EP)

The bridge A ponte ( 3º e 4º de EP)

A Joy Story: Joy and Heron  Unha historia "feliz": Joy e a garza (3º e 4º de EP)

O neno do pixama de raias. (5º de EP)

Are you lost in the world like me? Estás perdido no mundo coma mín? (6º de EP)

 

Velaquí o resultado do traballo realizado, variados e vistosísimos murais cheos de fermosas palabras froito das nosas reflexións.


 

 
 
 
 

 





9 de xaneiro de 2025

AGASALLOS DA ANPA

Grandísima emoción!!!

A ANPA Amor Ruibal agasallou a todo o alumnado do centro cuns fantásticos xogos didácticos.









Moitísimas grazas!!!

30 de decembro de 2024

RESOLUCIÓN DO XXIV CONCURSO DE POSTAIS

O Concello de Barro vén de publicar a resolución do XXIV Concurso de Postais de Nadal, que contou cunha grandísima e boísima participación.


As postais gañadoras de alumnado do noso centro son:


Categoría B - 1º e 2º de Primaria:


Gañadora: Leire Pereira González   (1º A)


Finalista: Manuel Núñez Pérez   (2º B)


Categoría C - 3º e 4º de Primaria:



Gañadora: Sofía García Parrado   (4º B)



Finalista: Alejandro Pereira Ferrón  (4º A)


Categoría D - 5º e 6º de Primaria:


Gañadora: Sabela Carrera  Maquieira   (6º B)


Finalista: Antía Blanco García   (5º B)


Categoría G (equipo): 

Gañadora: Erik  Ademar Cores Velo  (4º A) e Ana Mª Velo (nai)


Finalista: Daniela García Cochón  e  Lucía López Fojo   (6º A )



Moitísimos Parabéns!!!

Moitísimas grazas a todas as persoas participantes!!!

A entrega de agasallos terá lugar despois da Cabalgata de Reis, o día 5 de xaneiro na Nave da Música.


MOI BOAS FESTAS!!!

FELIZ  ANINOVO 2025!!!


21 de decembro de 2024

FESTA FIN DE ANO ESCOLAR

O último día de clase deste ano 2024, quixemos celebralo cunha festa especial. Reunímonos todos no ximnasio do centro provistos de "gusanitos" para retransmitir as 12 badaladas e dar a benvida ao ano 2025.

A continuación, o alumnado de infantil cantou unha panxoliña que acabamos coreando e bailando xuntos dando paso así a unha sesión de Baile fin de ano.





Con este bonita imaxe do ambiente da entrada do noso centro, que foi preparado con moitísimo esmero e ilusión durante estas ultimas semanas por alumnado e profesorado de diversas aulas de Infantil e Primaria queremos desexarvos ...


Moi felices festas!!

Feliz Ano 2025!! 




19 de decembro de 2024

AGASALLOS DE PAPÁ NOEL

Esta semana, Papá Noel visitou as aulas do noso centro e detívose especialmente nas aulas de infantil onde entregou ás nosas crianzas uns bonitos agasallos.











Menuda sorpresa e alegría levaron!!!


Moitísimas grazas!!!

9 de decembro de 2024

XXIV CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Nova convocatoria do tradicional Concurso de Postais de Nadal do Concello de Barro e no que colaboramos cada ano.

 


PRAZO: A data límite de entrega será o luns, 16 de decembro de 2024.


CATEGORÍAS:

  • Categoría A: Infantil (só para centros escolares, recibirán un pequeno detalle por participar)
  • Categoría B: 1º e 2º de Primaria (traballo individual)
  • Categoría C: 3º e 4º de Primaria (traballo individual)
  • Categoría D: 5º e 6º de Primaria (traballo individual)
  • Categoría E: 1º e 2º da ESO (traballo individual)
  • Categoría F: 3º e 4º da ESO (traballo individual)
  • Categoría G: En equipo, que pode estar formado por nenos e familiares ou amizades, cun máximo de tres persoas.

 

PARTICIPANTES: 

Cada participante poderá entregar un máximo de dúas postais. 

 

 PRESENTACIÓN: (No formato facilitado polo Concello)

  • TAMAÑO: Medio folio DIN-A4 podendo ser en blanco e negro ou en cor.
  • TEMA: Libre.
  • IDIOMA: Empregarase o galego.


Bases completas no tablón de anuncios da sede electrónica do Concello de Barro:

XXIV Concurso de Postais de Nadal 2024_Concello de Barro

Animádevos a participar!