5 de xullo de 2017

Participamos en LUDANTIA

O noso centro participa en LUDANTIA, a "I Bienal Internacional de Educación en Arquitectura para la Infancia y la Juventud" que vai ter lugar en Pontevedra no ano 2018.
O último trimestre deste curso, e enlazando co tema das Artes, realizouse a primeira acción deste proxecto no noso centro. Colaboran con nós para levalo adiante Sheila García Prado, Arquitecta, e David Fidalgo Omil, Graduado en Belas Artes.




Todo o alumnado do centro colaborou, dando propostas de mellora para os patios escolares. A partir da necesidade de acondicionamento do espazo e froito dunha reflexión nas aulas, cada quen reflexou a súa idea na plantilla que lle presentamos. Chamamos a esta acción "Repensando os patios"


Posteriormente decidíuse que sería o patio de Infantil, e o alumnado deste ciclo educativo en particular, o que levaría o peso da actividade nas sucesivas accións. 
Por esa razón desenvolvéronse varios obradoiros, o primeiro de movemento no espazo e recoñecemento no mapa para no segundo pasar da representación do plano ao espazo coa creación dun muro vertical.

No último dos obradoiros deste trimestre, @s cativ@s de infantil prepararon uns bonitos tarros con envases plásticos con moito esmero e posteriormente plantaron neles diversas plantas aromáticas para crear un bonito xardín vertical nun dos frentes do seu patio.

Esta última acción tivo difusión na prensa nos últimos días do curso:
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2017/06/24/ceip-amor-ruibal-bienal-arquitectura/1704748.html


Un saúdo,
MIMI

30 de xuño de 2017

Agasallos para o alumnado de Infantil.

A pasada semana o alumnado de Infantil do noso centro acudíu á Biblioteca para recibir de mans do alcalde de Barro uns agasallos pola participación no concurso de contos "Cóntame un conto, veciño" que organizan conxuntamente os concellos de Barro e Portas.


Diana (mamá de Noa) e Adán acompañaron a Pili (A informadora Xuvenil da BP do concello) para contarnos un conto. Diana traía na súa maleta á ratiña Luisa para contarnos o conto do rato "Paco" de Paula Carballeira.

Gustounos moitísimo!

A continuación, o Sr alcalde, Xosé M. F. Abraldes, fixo entrega dos agasallos. O/A responsable do día foi quen recolleu das súas mans un paquete cuns libros e un puzzle para cada aula.

No blog de Infantil podedes mirar un fermoso vídeo resumo de esta actividade.

Moitísimas grazas ao Concello e OMIX por traballar en prol da formación d@s cativ@s!!

Un saúdo
MIMI

29 de xuño de 2017

En Infantil tamén investigamos

No blog de infantil, PEQUECHOLANDIA, ofrécennos dúas entradas referidas aos proxectos que estiveron desenvolvendo neste último trimestre.
O alumnado de 4º curso de infantil (3 anos) nos amosa un exemplo co seu Proxecto de Arte:

 Unha das clases de 6º curso de infantil (5 anos) nos amosa o seu proxecto da mascota.

Un saúdo,
MIMI

26 de xuño de 2017

Alumnado de 4º expón os seus proxectos na biblioteca



O alumnado de 4º curso investigou sobre o funcionamento das máquinas simples: o plano inclinado, a panca e a polea  e, cos produtos que elaboraron, montaron unha pequena exposición na biblioteca. 
En cada aula prepararon tamén uns xogos "conectores" para practicar o nome das comunidades autónomas e dos ríos españoles. Todos estes traballos elaborados dentro do proxecto BARRRO e coa premisa da reutilización de materiais.









No seu blog teñen máis información:
http://amorruibalsegundociclo.blogspot.com.es/2017/06/traballos-do-alumnado-de-4-e-b-con.html

Un grandísimo traballo!!

Un saúdo.
MIMI

23 de xuño de 2017

As nosas recomendacións

Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para este verán. Incluímos unha sección especial de libros de imaxes. Son verdadeiras obras de arte nas que, sin palabras, recrean fermosas historias nas que o detalle das ilustracións é espectacular.
Confiamos que vos gusten e que as gocedes alí donde esteades este verán.


Un saúdo
MIMI

16 de xuño de 2017

Entrega do IX Premio MIMI

E chegou o gran día...


O Premio MIMI desta IX convocatoria foi entregado antonte, mércores día 14, na nave da música do concello a "Migallas Teatro" 
María Campos e Carlos Yuste, que forman este grupo hai xa 25 anos, viñeron a recollelo.




Estiveron tamén na biblioteca do cole e deixaron unha bonita dedicatoria no noso libro de visitas.









Ao final do acto o alumnado de 5º, responsable deste proxecto ano a ano, posou cos homenaxeados.


 Un gran traballo!
Moitísimas Grazas!!
Un saúdo.
MIMI

Exposición do proxecto BARRRO.COM

http://amorruibaltercerciclo.blogspot.com.es/search/label/BARRRO.COMO pasado venres, 9 de xuño, desplazámonos á Nave da Música (local cedido polo Concello) para escoitar a exposición do proxecto de reciclaxe deste curso, que o alumnado de 6º de Primaria tiña preparada para nós.
Alí nos esperaban para sorprendernos cunha presentación audiovisual que acompañaba a explicación do desenvolvemento do proxecto e as actividades que levaron adiante ao longo de todo o curso.
Como investigaron sobre a compostaxe, eles chamaron ao seu proxecto "BARRRO.COM" e o cartel que o ilustra foi o finalista da súa aula, elaborado por Alba Besada e Celia Pombo.
Recolleron información detallada desta data no blog de 5º e 6º:
http://amorruibaltercerciclo.blogspot.com.es/2017/06/presentacion-do-proxecto-barrrocom.html

Deseñaron un folleto informativo que recolle os puntos esenciais do proceso da compostaxe.


Coa colaboración de alumnado, profesorado e persoal do comedor do cole realizaron unha curta titulada "Nós apostamos por compostar" na que explican e dan visibilidade ao recollido no seu folleto.



Un grandísimo traballo.
Parabéns polo voso esforzo!!
Os nosos Parabéns e Agradecementos tamén a todas e todos os que, dalgunha maneira, participastes con nós ao longo deste curso para que este proxecto saíse adiante.


Un saúdo.
MIMI.

2 de xuño de 2017

+ Contacontos interciclos

Alumnado do IES de Barro estivo no noso centro o pasado luns día 29 de maio durante a Hora de ler para realizar a súa habitual sesión de contacontos ao alumnado de 5º e 6º curso de Primaria.
Nesta ocasión o alumnado de 3º de ESO, acompañados da súa profesora María García, fixo lectura de dous libros de Carlos Casares: "A galiña azul" e "Toribio ten unha idea" e o alumnado de 2º curso, representou con títeres unha adaptación libre dunha das historias de "Os vellos non deben namorarse" de Alfonso R.Castelao dirixidos polo profesor Miro Touris.

Moitas grazas pola vosa colaboración!
Deica outra!
Un saúdo
MIMI

30 de maio de 2017

Tí tamén contas

Título da representación teatral que a compañía "A tropa de trapo" ofreceu ao alumnado de Primaria do noso centro o pasado venres, día 26 na Biblioteca Pública do concello e que foi organizado polo departamento de Servicios Sociais do Concello de Barro dentro da programación que ofrece aos concellos socios o Fondo Galego de Cooperación e Soliedaridade.

Con este espectáculo, a compañía formada por Marta Ortiz e Brais das Hortas, aborda temas como o consumo responsable, o traballo infantil, a cooperación e a felicidade dun xeito ameno e facendo reflexionar ao seu público a través da interacción.

Ofrecemos un vídeo resumo deste espectáculo:



Podedes ler máis sobre o contido do espectáculo no blog de 5º e 6º curso:

http://amorruibaltercerciclo.blogspot.com.es/2017/05/ti-tamen-contas.html

Un saúdo
MIMI.

27 de maio de 2017

A Sección Bilingüe tamén participa en BARRRO

Os cursos participantes na Sección Bilingüe do noso centro (Inglés e máis Plástica de 1º e 2º) desenvolveron toda a súa actividade este curso escolar empregando materiais de refugallo que "reutilizaron" para as súas creacións. 
As profes implicadas no proxecto dan conta de todas estas actividades nos seus respectivos blogs: o blog de Inglés e o da Sección Bilingüe -SEBI.

Se premedes nos enlaces accederedes ao seu traballo:



Un saúdo
MIMI