23 de abril de 2013

Día do libro.

Con motivo da celebración do día do libro imos levar a cabo esta semana unha serie de actividades das que vos iremos dando conta.
Hoxe presentamos o punto de lecturas que nos fixo chegar a rede de bibliotecas escolares e agradecemos a Paula Carballeira o precioso texto co que nos agasalla.


descarga o punto de lectura.


Só un libro.
Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un lbro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?.
Que lle fixen eu?
Míroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademáis de letrase debuxos.
Nada.
É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo…
A ver se así reacciona.
Non.
Que vai reaccionar!
Espera.
O libro espera.
Non se dacata de que son máis forte ca el.
Non se decata de que podería esnaquizalo se me deixase levar polo xenio.
Se cadra estase rindo de mín.
Crerase moi importante por ser un libro.
Vouno abrir.
Teño curiosidade por saber se escribiron dentro del para que teña eses aires de superioridade.
Vaia!
Non está nada mal.
Empézame a caer simpático.
Tan caladiño, gardando a súa historia coma quen garda un segredo.
Ás veces pensó que a miñairmá pode lerme o pensamento.
Era xusto o que eu quería.
Un libro.
Este libro.

Paula Carballeira.

Saúdos.
MIMI