Teño o gusto de presentarvos estas imaxes do traballo que se leva feito no cole para que a miña presencia se faga cada vez máis evidente.
Os alumnos e alumnas que este ano levaron adiante o proxecto do V Premio Mimi Ao Persoeiro do Ano foron os gañadores da votación que me deu nome aló polo curso 2008/09. Por esa razón facemos coincidir pasado e presente nesta presentación e coa presentación dos candidatos ao premio, aproveito para saudarvos novamente.
Saúdos.MIMI.