
Este concerto, de título Musicolandia, foi realizado coa colaboración de Esteban Acuña de Tarabelos Teatro (autor dos textos) que nos guiou a través dunha historia na que relatou todos os coñecementos que o profesor Corchea lle transmitiu sobre os instrumentos musicais e as súas familias e que foi magníficamente interpretado pola Banda de Música Xuvenil de Barro.
Finalizado este conto musical, o director da Banda de Música, Alberto Busto, deu paso ao alumnado de Primaria do noso centro alí presente que interpretou dous temas xunto coa Banda: "La escala Sido" e "El caracol Mifasol" de Ferrer Ferran que ensaiaron con moito entusiasmo coa nosa infatigable profe de música, Claudia Favorecido no transcurso das súas clases ao comenzo, e cun ensaio xeral no ximnasio do colexio nos días previos.
Tras informar e pedir autorización ás familias, case un centenar de rapaces e rapazas ensaiaron as tardes dos sábados xunto coa Banda para mellorar a súa interpretación.
Así o recolle o Faro de Vigo nun artigo esta semana:
Así o recolle o Faro de Vigo nun artigo esta semana:
Parabéns a todos e todas, fixéstelo moi ben!!
Moitísimas grazas ás familias polo voso imprescindible apoio
e colaboración nesta actividade!!
e colaboración nesta actividade!!
Na parte final do concerto o Presidente da BXB, Diego Escudero, fixo entrega dun agasallo ao noso centro que foi recollido por Rafael Ruibal, o noso director quen a súa vez fíxolle entrega dun diploma de recoñecemento á Banda de Música Xuvenil de Barro pola súa labor no eido musical do Concello de Barro e de agradecemento pola súa implicación e colaboración co noso centro.
OS NOSOS PARABÉNS Á BXB
POR 25 ANOS MÁIS!!
POR 25 ANOS MÁIS!!
Amosamos, a continuación, o vídeo resumo deste concerto. Agardamos que vos guste.
Un saúdo
MIMI
Ningún comentario:
Publicar un comentario